jueves, 26 de marzo de 2020

Fin de semana

Aquí van algunhas propostas para  Fin de semana:

Non, non, non son tarefas obligadas!
Eu manteño a miña promesa de non poñer deberes para sábado e domingo, sempre e cando vós traballedes pola semana.

Navegando pola rede, atopei estes curiosos xogos de lingua. Ocorréuseme que seguro queriades facer un destes caligramas. Sabedes o que son, verdade? Por se non vos lembrades, aquí poño a definición.

Caligrama
Poema con forma visual, é dicir, as súas palabras e os seus versos dispóñense debuxando imaxes. As súas orixes remóntanse á antigüidade, desde os poemas figurativos de Simias de Rodas no período helenístico ata os fermosos exercicios de caligrafía árabe. 


Lewis Carroll 1832-1898) publicou o caligrama do rabo dun rato no capítulo III da súa fascinante Alicia no país das marabillas (1865). Con todo, o caligrama, tal como o entendemos hoxe, debémosllo ao poeta vangardista francés Guillaume Apollinaire (1880-1918). O título dunha obra súa, Calligrammes (1918), fusión dos termos caligrafía e ideograma, serviu para lle dar nome a estes poemas visuais.
Vemos algúns exemplos:



Anímate a crear os teus propios caligramas. E se queres facelo coa axuda das novas tecnoloxías, nesta ligazón e nestoutra tes xeradores automáticos de caligramas.

Veña, deixo tema libre! a ver que chulos vos quedan!

Por último, lembrar que o libro da web "palabrasaladas.com" se titula: "Amar"
É unha recomendación de lectura con propostas moi interesantes. Non hai que mercalo, baixades o pdf aquí.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Cómic

Cómic
Xian