domingo, 31 de mayo de 2020

LUNS 1 XUÑO

Ola nenos e nenas! 
E por fin chegou xuño, xa ule a vacacións, mar, sol, praia, descanso...verdade?
Que tal o fin de semana? Agardo que o pasarades fantástico!

Hoxe comezamos con MATEMÁTICAS. Ímos repasar, veña...hoxe unha faciliña! A ver esas memorias:

e un xogo de cáculo mental; a ver que tal se vos da:



LINGUA GALEGA
Comezamos o último tema do libro. Paréceme moi interesante a pequena lectura da páxina 177: 
"A primeira aventura", ledes e facedes os exercicios 4 e 5.
Despois ledes a lectura da unidade: "Un día de sorte".
Como xa andades un pouco cansos, por hoxe nada máis.

Teños que felicitar ao voso compañeiro Alex, que me enviou un debuxo moi bonito. É un artista!
Xa vos dixen que podedes enviarme "cousiñas" que fagades e pensedes que podedes compartir!



viernes, 29 de mayo de 2020

CORRECCIÓN VENRES

MATEMÁTICAS

Teño que felicitar a algúns nenos que traballaron moitísimo esta semana.
Eles e elas saben quen son! Noraboa! Alégrome moito por vós, xa que aínda que pasemos esta situación complicada, vexo que tendes interese por seguir aprendendo.

Repaso ficha 4
1.
  • Divisores de 120: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 8, 10, 12, 15, 20, 24, 30, 40, 60 y 120.
          Divisores de 60: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 10, 12, 15, 20, 30 y 60.
          m.c.d. (120, 60) = 60
El lado del cuadrado medirá 60 cm.

  • Área del listón = 120 cm x 60 cm = 7.200 cm2 
         Área del cuadrado = 60 cm x 60 cm = 3.600 cm2
 
  • 7.200 : 3.600 = 2  Con el listón, Paco obtiene 2 cuadrados.
2.
  • Múltiplos de 8: 8, 16, 24, 32, 40, 48, …, 120
          Múltiplos de 10: 10, 20, 30, 40, 50, 60, …, 120
          Múltiplos de 12: 12, 24, 36, 48, 60, …, 120
             m.c.m. (8, 10, 12) = 120
                Para que reciba los tres tipos de paneles han de pasar como mínimo 120 días.

  • Divisores de 30: 1, 2, 3, 5, 6, 10, 15 y 30.
          Divisores de 18: 1, 2, 3, 6, 9 y 18.
          Divisores de 20: 1, 2, 4, 5, 10 y 20.
          m.c.d. (30, 18, 20) = 2
          En cada cajón debe meter 2 tornillos.

  • Divisores de 75: 1, 3, 5, 15, 25 y 75.
         Divisores de 60: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 10, 12, 15, 20, 30 y 60.
          m.c.d. (75, 60) = 15
           En cada recipiente pondrá 15 kg de barniz.

  • Múltiplos de 15: 15, 30, 45, 60, …, 150
           Múltiplos de 25: 25, 50, 75, 100, …, 125, 150
           Múltiplos de 50: 50, 100, 150
              m.c.m. (15, 25 y 50) = 150
          Han de pasar como mínimo 150 minutos, es decir, 2 h y 30 min.
          Volverán a coincidir a las 12:30.

SOCIAIS

Páxina 122
1. Semana Tráxica (1909): revolta popular polo envío de soldados á guerra de Marrocos. 
    Desastre de Annual (1921): os rebeldes marroquís derrotaron o exército español. Reinado de Afonso XIII.

2. No ano 1923, o xeneral Miguel Primo de Rivera impuxo en España unha ditadura militar, suspendeu a Constitución, prohibiu os partidos políticos e os sindicatos e limitou as liberdades dos cidadáns.

3. Reforma agraria: repartíronse terras entre as familias de campesiños para mellorar as súas condicións de vida e, á vez, aumentar a produción agrícola. 
    Reforma da ensinanza: construíronse miles de escolas por toda España para impulsar a educación.          Reforma laboral: entre outrasmedidas, estableceuse un salario mínimo e reduciuse a xornada laboral. 

4. Libre.

5.   • É un sistema político autoritario en que todo o poder do Estado se concentra nunha soa persoa, o ditador.
       • Chegou ao poder despois de dar un golpe de Estado e provocar unha guerra civil, que gañou.
       • Porque era unha ditadura. • Que se puxo fin á ditadura e se iniciou a transición democrática.

6. Xoán Carlos I: rei de España entre 1975 e 2014.
  • Afonso XIII: rei de España de 1902 ata 1931. 
  • Felipe González: presidente español (PSOE) de 1982 a 1996.
  • Francisco Franco: xeneral que deu un golpe de Estado en 1936 que provocou a Guerra Civil, ao final da cal impuxo unha ditadura que durou de 1936 a 1975. 
 • Adolfo Suárez: presidente español (UCD) entre 1975 e 1981
. • José María Aznar: presidente español (PP) entre 1996 e 2004. 
A orde cronolóxica é: Afonso XII, Francisco Franco, Xoán Carlos I, Adolfo Suárez, Felipe González, José María Aznar.

7. Democracia: A soberanía nacional reside no pobo. Baséase nunha Constitución aprobada polos cidadáns. Hai eleccións libres.
   Ditadura: O poder concéntrase nunha soa persoa. Non existen partidos políticos. Hai censura.

8.   • Fai referencia ao referendo sobre a Constitución de 1978. Porque se convocou o 6 de decembro de 1978.
     • É unha votación en que os cidadáns manifestan a súa opinión sobre asuntos importantes. Non é o mesmo; nunhas eleccións elíxense representantes políticos e nun referendo os cidadáns deciden sobre un asunto.
    • R. Libre.
   • O día 6 de decembro. Porque se lembra a data do seu referendo. 

jueves, 28 de mayo de 2020

VENRES 29 MAIO

Ola nenos e nenas!
Que tal a semana? Creo que moi ben, non si?
A ver se por fin a semana próxima nos podemos ver todos xuntos conectados...síntoo de verdade, soamente podo facer vídeochamada con tres persoas á vez, non sei que pementos lle pasa a miña conta, a miña webcam, etc...pero o conseguiremos!
A historia está quedando moi divertida, grazas a todos!
Hoxe tócalle seguir a XIAN.
Comezamos con MATEMÁTICAS:
Hacéis la ficha repaso 4.


LENGUA CASTELLANA
Vamos a tratar el tema de elaborar resúmenes. Ya sé que sabéis, pero repasamos para que quede bien clarito.
Páginas 214,215 y 216 leemos con mucha atención y hacemos los ejercicios del 1 al 6.

SOCIAIS
Por último, facemos as actividades finais da páxina 122, todas. 
Creo que é importante saber que ocorreu en España a comezos do século XX, así terédelo moi fresco para o curso que ven. 
Facede con calma a tarefa de Sociais, déixovos todo o fin de semana. 
E facede o pasapalabra do outro día... quero fotos cos resultados!

Deséxovos un bo fin de semana, que gocedes do sol e da praia; con sentidiño...e se chove, aproveitade para ler!




CORRECCIÓN MÉRCORES E XOVES

MATEMÁTICAS

FICHA 3 REPASO
¿RECORDÁIS EL DENOMINADOR COMÚN?
1. 
  • 1/6 < 1/8. Se utiliza más en combustible.
  • 3/10 < 2/5. Se utiliza más en mantenimiento.
  • 1/6 < 3/10 < 3/8 < 2/5. Se utiliza más presupuesto en mantenimiento y menos en electricidad.
2. 
  • 1/8 + 3/10 = 17/40.  Representa diecisiete cuarentavos del total del presupuesto.
  • 1/6 + 2/5 = 17/30. Representa diecisiete treintavos del total del presupuesto.
  • 2/5- 1/6 = 7/30.  Gasta siete treintavos menos en electricidad que en mantenimiento.
  • 3/10- 1/8 = 7/40. Gasta siete treintavos menos en electricidad que en mantenimiento.
3.
  • 1/5 x 2/3 = 2/15. Se dedican dos quinceavos del total a jardines.
  • 3/10 x 1/6 = 3/60 =1/20.  La pista de tenis ocupa un veinteavo del total.


LENGUA CASTELLANA

Estos ejercicios me los tenéis que enviar para que yo los corrija, pues son más de respuesta libre por parte del que los realiza.¡ Así que, enviármelos!

LINGUA GALEGA

Páxinas 174-175
1.
• Os estranxeirismos… procedentes doutras linguas que… na nosa lingua. • O punto e coma (;) úsase… elementos dunha enumeración cando… leva coma, ou diante… cando introducen oracións longas. Os puntos suspensivos (…) úsanse… enumeración non está acabada ou que… para expresar dúbida, temor, sorpresa, etc. • As obras… en actos e en escenas. Normalmente cada acto divídese en varias escenas. Unha escena… transcorre no mesmo lugar e no mesmo tempo e en que interveñen os mesmos personaxes.

2.
Clases de oracións. Segundo a actitude do falante: Enunciativas, interrogativas, exhortativas, exclamativas, optativas e dubitativas. Segundo o número de verbos: simples e compostas. Segundo a voz do verbo: activas e pasivas.

3.
A Show → espectáculo. B Ranking → clasificación. C Jeans → vaqueiros.

4.
• Garda o material… → exhortativa. • Talvez che caeran… → dubitativa. • Canto me alegrou…! → exclamativa. • Hoxe non tiña pensado… → enunciativa.

5.
  É pasiva porque ten suxeito paciente, verbo en voz pasiva e complemento axente.

6.
Mismo que no resumo sobre o punto e coma e os puntos suspensivos.

1.
• chat . • memoria USB. • tableta táctil
2.
No campo da tecnoloxía. Porque cada pouco tempo saen ferramentas e aparellos novos, que cómpre nomear.
3.
• O gato dorme no sofá. 
• Uxío entrégalle un agasallo a Xoana. 
• Antía gañou a medalla a fin de semana. 
4.
Ulises, dando mostra do seu espírito heroico, acercouse ao xigantesco monstro… Polifemo, cego, saíu ás apalpadas da cova… Polifemo, que che ocorre?

6. AUTOAVALIACIÓN
Autoavaliación 1 ▶ V. 2 ▶ F. 3 ▶ V. 4 ▶ F. 5 ▶ V. 


  
PARA SABER MÁIS:

Estranxeirismos habituais

 Amateur [fr.]: Afeccionado non profesional. 
 Ballet [fr.]: Danza executada por varias persoas. 
 Colaxe [fr.]: Composición artística feita con fragmentos diversos.
 Edelweis [al.]: Flor de neve. 
 Slogan [ingl.]: Frase simbólica. 
 Estrés [ingl.]: Tensión, aflición.
 Fondue [fr.]: Prato suízo elaborado con queixo fundido. 
 Hándicap [ingl.]: Desvantaxe. 
 Kitsch [al.]: Cursi, de mal gusto. 
 Paparazzi [it.]: Fotógrafo que persegue famosos. 
 Playback [ingl.]: Superposición de imaxes a un son pregravado. 
 Single [ingl.]: Disco dunha canción. 
 Skate [ingl.]: Patín. 
 Striptease [ingl.]: Espectáculo en que un artista se ispe ao compás da música.

miércoles, 27 de mayo de 2020

XOVES 28 MAIO

Ola de novo nenos e nenas!

Xa rematando maio, qué rápido pasou!

Que tal o pasapalabra de Sociais? Gustouvos?

Hoxe soamente vos poño traballo de Lingua Galega: Páxinas 174-175 todos os exercicios, copiar o ditado e facede a autoavaliación.

SOCIAIS: Gustaríame que investiguedes un pouco sobre este poeta que aparece na foto.
Nome, algo da súa biografía e algunhas obras.

Onte o voso compañeiro ANXO, que estivo de aniversario a semana pasada, lembroume o da historia que andamos a facer entre todos...e tocoulle a el seguir! 

Por certo, está quedando chulísimo. Cada un deixa claro o seu parágrafo, así me gusta. 

Hoxe vaille tocar a LUCÍA, pero tes que enviarmo antes do venres, ok?
Perdoade, pero as correccións do mércores as porei o venres, vale?
Pois veña, a traballar moi ben!


martes, 26 de mayo de 2020

MÉRCORES 27 MAIO

Ola nenos e nenas!

Un día máis e xa en nada venres. 

A verdade é que estou cansa estes días, supoño que vós tamén; así que non vos agobiedes demáis e gozade do bo tempo, aínda que traballar un "cachiño" máis poderemos!

Hoxe será divertido, veredes...

MATEMÁTICAS

Otra ficha de repaso y algún juego para hoy.
Juego de porcentajes:
 y repasamos las fracciones:

LENGUA CASTELLANA

Vamos a hacer un salto en el libro. Nos adelantamos a la página 212 y leemos: Aprender a estudiar.
El próximo curso debéis tener muy clarito las técnicas de estudio, de manera que lo hagáis con confianza y con más rapidez que este curso; ya que habrá mucho contenido en las materias, asignaturas, ¿vale?
Es necesario que vuestro cerebro tenga asimilados los pasos a seguir; aunque yo creo que muchos de vosotros ya lo tenéis.
Leer página 212 y leéis el ejercicio 1 CON ATENCIÓN. Haced el 2 y 3.


SOCIAIS

Aquí tendes o pasapalabra do tema 7. A ver se vos gusta!

 Ah! Eu fago os pasapalabra para escribir maiúscula ou minúscula todo; xa que algúns...ejem ejem
Como ando "chosquiña" case sempre poño todo maiúsculas. SORTE!

Déixovos aquí dous famosísimos cadros; a ver quen sabe que título teñen e quen pintou cada un:









CORRECIÓN MARTES

MATEMÁTICAS 

FICHA REPASO__2
Artículos con rebaja
1. 
  • A: 980- 980 x 15/100=  833 €
          B: 1.150 - 1.150 x 12/100= 1.012 €

          C: 800 - 800 x 21/100= 632 €

  •  A: 833 + 833 x 21/100 = 1.007,93 €
          B: 1.012 + 1.012 x 21/100= 1.224,52 €
        
          C: 632 + 632 x 21/100= 764,72 €
2.
  • 324 : 6 = 54; 54 x 9 = 486 .Las 9 sillas cuestan 486 €.
  • 450 x 4 = 1.800; 125 x 4 = 500 .Necesita 1.800 g de chocolate y 500 g de almendras.
  • 2 x 400 = 800 cm = 8 m El lado real mide 8 m.    8 x 4 = 32
  •  El perímetro real del campo son 32 m.
  • Rectángulo : 4,3 3 2 1 1,9 3 2 5 12,4 cm
  • 12,4 3 9.000 5 111.600 cm 5 1.116 m
  • Necesita 1.116 m de valla.
  • Triángulo: 3,4 x 2 + 4,8 = 11,6 cm    11,6 x 9.000 = 104.400 cm = 1.044 m
  • Necesita 1.044 m de valla.


 LENGUA CASTELLANA

Páginas 186/187
2.  Profesor. Fastidio. Gustan, matemáticas. Bien.

4.  La noticia ha sido publicada por toda la prensa. El viejo edificio fue derribado por los bomberos. Toda la prensa ha publicado la noticia. Los bomberos derribaron el viejo edificio.

5.  R. EJEMPLO: Estaré en casa hasta que acabe los deberes.   
                              Luisa se levantó pronto, pero no llegó a tiempo. 
                              Me gustan las canciones que hablan de los sentimientos. 
                             Voy a llamar a mi madre para que venga a recogerme.
                             Me comí las espinacas, aunque no me gustan mucho.

6.   Necesitamos leche, galletas, queso, yogures, fruta… 
      Tengo malas noticias… 
      Y ahora… ¿adónde vamos?
      Abrí el regalo y… ¡era un jersey horrible! 
     ¿Se le habrá olvidado venir…?

1. En situaciones de confianza. Por ejemplo, al recibir un regalo de un amigo, podemos decir: ¡Qué chulo! Algunas palabras tabú pueden utilizarse en situaciones de mucha confianza. Por ejemplo, en una conversación entre dos amigas, podemos decir: Mi padre está un poco gordo.

2. Rellenito. Un centro penitenciario.

3. Predicado nominal: Es una persona responsable. Están bastante tranquilas. Predicado verbal: Me ha hecho una buanda. Compró el regalo de Jaime. Nos escribimos mensajes a diario. Complementos directos: una bufanda, el regalo de Jaime, mensajes.

4. El policía le puso una multa. Dile que tienes una duda. Pídele ayuda. Proponles que hagan un dibujo. La familia les organizó una fiesta.

5. LIBRE
6. R. EJEMPLO: Escondí los caramelos en el armario. Él patina mucho cada día. ¿Damos un paseo con el perro? Ella corría muy deprisa.

7. LIBRE
8. Merendé, después, película, día, tenía, pasármelo.




    

lunes, 25 de mayo de 2020

MARTES 26 MAIO

Ola a todos e todas un día máis! Alá ímos...
Agora que xa estamos un pouquiño máis conectados, a ver se por fin hoxe nos podemos ver en vídeochamada! Á terceira vai a vencida...pois non sei que lle pasaba onte á miña webcam. Síntoo!

Veña, comezamos:

MATEMÁTICAS

Fichas repaso que deixo no enlace:



LENGUA CASTELLANA

Páginas 186-187. (El 7, elegid una tarea)
Hacerlo muy bien, que sabéis. ¡No quiero excusas!
Ya sé que está tiempo de playa, pero aún no estamos de vacaciones.


SOCIAIS

Repasamos el tema haciendo la página 121: 1-2-3
Esta semana os haré un pasapalabra del tema.Podéis hacer una foto  y enviarla, para ver los resultados.
y el viernes, seguramente un cuestionario.¡Preparaos!

Por hoy, nada más...simplemente decir que sigue Alex la historia que comenzó Aitor. 
Os vuelvo a poner el dibujo sobre el que debe tratar. Tenéis que copiar el texto y pegar lo nuevo que escribáis...por cierto, Aitor lo ha hecho muy bien! 
¡Que tengáis muy buen día!

CORRECCIÓN LUNS

MATEMÁTICAS
1. 
• 7,85 + 5,25 = 13,10
Cuestan 13,10 €.
• 1,20 - 0,75 = 0,45
La leche cuesta 0,45 € más.
• 7,85 x 3 = 23,55
Los filetes cuestan 23,55 €.
• 0,75 x 2 = 1,50
El libro de batido cuesta 1,50 €.
• 1,20 x 10 = 12
Las 10 botellas cuestan 12 €.
0,75 x 100 = 75
Las 100 botellas cuestan 75 €.

2.
2 x 4 = 8
Cuestan 8 € aproximadamente.
• 1,9 x 4 = 7,6
Cuestan 7,60 € aproximadamente.
• 2 x 5 = 10
Cuestan 10 € aproximadamente.
• 2,2 x 5=  11
Cuestan 11 € aproximadamente.
• 3 x 1 + 2 = 5
Cuestan 5 € aproximadamente.
• 3 x 2 + 2 x 2 = 10
Se gastó 10 € aproximadamente.

LINGUA GALEGA

2. O momento en que se produce o cambio de escena é cando entra o Rei, porque é un personaxe novo.
 
3. A obra O lago dos cisnes é un ballet que se divide en catro actos. A obra O rei León é unha comedia musical que se divide en dous actos. A obra La Traviata é unha ópera que se divide en tres actos. 

4. A ópera, o ballet, a comedia musical e o teatro teñen en común que unhas persoas fan unha interpretación en directo, enriba dun escenario e perante un público. Diferéncianse nestes aspectos: no teatro, os actores fan unha representación con diálogo falado; na ópera, os diálogos son cantados e con acompañamento orquestral; na comedia musical intercálanse diálogo falado, cancións e coreografías; e nos ballets, uns bailaríns danzan ao son da música.

domingo, 24 de mayo de 2020

LUNS 25 MAIO

Ola rapaciños e rapaciñas! Menudo fin de semana máis solleiro...Supoño que xa estivéchedes dando moitos paseos e tomando ben o aire da costa!Como xa estades descansados, ímos comezar "a tope" a nova semana, con moitísimas ganas, xa que queda pouco para rematar.

MATEMÁTICAS

Para hoy una ficha muy pequeña de repaso, pero hazla bien! Con orden, limpieza...https://drive.google.com/drive/folders/1MBcptuG5_8dckJzuh3_IczhVwANXLoBs?usp=sharing

Venga, ahora un juego de volúmenes:
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/2344165-test_repaso_t_10_matematicas.html
(Yo siempre los hago antes de ponéroslos)

LINGUA GALEGA

Tócanos falar do teatro; así que... xa sei que sabedes moitísimas cousas sobre este xénero literario, pero ímos aprender máis.
Páxinas 172-173, lemos o texto e facemos os exercicios: 2-3-4-5
Hai que diferenciar moi ben entre acto e escena.

Por último, pensei nunha actividade divertida para vós!
Consiste en escribir unha historia entre todos, como xa fixemos algunha vez, lembrades? pero esta vez non soamente vai dicir tres palabras cada un, senón polo menos 25 palabras.
Poño unha imaxe e comeza a historia: AITOR
Ímos seguir a orde da clase. Eu enviarei ao seguinte escritor/ora a parte anterior para que a continúe.
Destes xeito paréceme que podemos seguir "xuntos" aínda que na distancia, e facer algo en común.
EN GALEGO!
A imaxe é:
(Podes comezar presentando e describindo á nena)

CORRECCIÓN VENRES

MATEMÁTICAS
 Página 163
9. ¿Cuántos centímetros en la realidad representa 1 cm en el plano?
    1 cm en el plano = 600 cm en la realidad
   ¿Cuántos kilómetros en la realidad representa 1 cm en el mapa?
     1 cm en el mapa 5 5 km en la realidad
     ¿Qué distancia real representan 5 cm en el plano y en el mapa?
    5 cm en el plano son 3.000 cm = 30 m reales
    5 cm en el mapa son 25 km reales

10.
  •  Gustavo compra un tablón de 2 m de largo para hacer estanterías. Corta baldas de 3 dm cada una. ¿Cuántas baldas obtiene? ¿Cuántos centímetros de tablón le sobran?
            20 : 3   c = 6, r = 2                  Obtiene 3 baldas. Le sobran 2 dm = 20 cm.

  •  César cosechó 3 t y 5 q de avellanas. Las envasó en bolsas de 0,25 kg cada una e hizo cajas de 20 bolsas. Para reunir 1 q de avellanas, ¿cuántas cajas eran necesarias?
      1 caja pesa 0,25 x 20 = 5 kg.
       100 : 5 = 20 Para reunir 1 quintal eran necesarias 20 bolsas

  •  Mónica usó 1,2 ℓ de leche para hacer 12 flanes iguales. ¿Cuántos litros de leche necesitaría para hacer 60 flanes? ¿Cuántos flanes haría con 0,5 dal de leche?
      120 : 12 = 10. Para hacer 1 flan se necesitan 10 cl. 10 x 60 cl = 600 cl. Para hacer 10 flanes se necesitarían 600 cl = 6 ℓ. 
                                          0,5 dal = 500 cl                  500 : 10 = 50 Haría 50 flanes.

  •  La población de Soto en 2013 era de 4.500 habitantes. En 2014 aumentó un 12 % y se cree que en 2015 disminuirá un 5 % con respecto a 2014. ¿Qué población habrá en 2015?
       4.500 + 12% de 4.500 = 5.040 
       5.040 - 5% de 5.040 = 4.788                 En 2015 habrá 4.788 habitantes

  • Una carrera de orientación consta de dos partes. En la segunda parte, Lidia tardó 2 h, 23 min y 47 s, y en la primera tardó 35 min y 50 s menos que en la segunda. ¿Cuánto tardó en la primera parte? ¿Cuánto tardó en total?
                   2 h 23 min 47 s - 35 min 50 s =  1 h 47 min 57 s 
                    En la primera parte tardó 1 h, 47 min y 57 s. 
                   1 h, 47 min y 57 s + 2 h 23 min 47 s = 4 h 11 min 44 s 
                   Tardó 4 h, 11 min y 44 s en total.

  •  En una parcela de 4 hectáreas se dedicarán tres quintos a zonas verdes y el resto se repartirá entre 5 urbanizaciones. ¿Cuántos decámetros cuadrados tendrá cada urbanización?
        4 ha = 4 hm2 = 400 dam2 
        2/5 de 400 = 160
       160 : 5 = 32                      Cada urbanización tendrá 32 dam2

  •  De un depósito cúbico de 10 m de arista lleno de agua se sacan cada día 230 hl. ¿Cuántos días se necesitan para vaciarlo? ¿Cuántos litros se sacarán el último día? 
     10 m x 10 m x 10 m = 1.000 m3 = 1.000 kl = 10.000 hl 
     10.000 : 230        c = 43, r = 110 
       Se necesitan 43 días para vaciarlo. El día 44 se sacarán 110 hl = 11.000 ℓ.

POR CERTO, QUERO ENSINARVOS QUE BEN LLE QUEDOU O TRÍPTICO DAS COVAS
 A GAEL:



jueves, 21 de mayo de 2020

VENRES 22 MAIO

Velaí vai outra semaniña máis!
Que tal estades? Non vos quero ver demasiado ociosos/ociosas aínda, pois queda un mes aproximadamente para o remate das clases.
A ver se chegamos pronto á "nova normalidade", e...a pesar de que andar con mascarilla vai ser un "rollo", temos que poñela para protexernos e protexer.

Comezamos:

MATEMÁTICAS

Hoy toca la página 163, hacemos el 9 y todos los problemas.
Como vamos a repasar,quiero que vosotros me digáis cuál fue el tema o temas que presentan más dificultades.


LENGUA CASTELLANA

Vamos a leer la página 182 y hacemos solamente el 9 de la 183.
Es crear un anuncio, con texto e imagen.
Como sé que sois unos alumnos/as muy aplicados, hacéis los demás ejercicios de forma oral. Menos el 4. No lo hagáis.
                                                                                   
                                                                                       
                   

SOCIAIS

Na páxina 120 aparece unha vez máis o "Guernika" de Pablo Ruíz Picasso.
Ímos aprender a analizar unha pintura. Comezamos por esta pero quizáis vos poña algún cadro máis.
Lede con antención e facede os exercicios todos, copiando os enunciados.
Podedes probar a copiar o cadro tipo mural.
Nada máis por hoxe, non era tanto, verdade?
Deserxarvos un bo fin de semana!
A ver se o luns xa se pode ir á praia un pouco, verdade?
ÁNIMO!
                                                                    

miércoles, 20 de mayo de 2020

XOVES 21 MAIO

Ola rapaces e rapazas!
Hoxe comezamos con SOCIAIS.
Un repasiño a modo de xogo, pero hai que ler, e ler BEN.
A ver se vos gusta...
Agardo que podades entrar.
Se non dese xeito, pinchade neste enlace e dádelle a visualizar:

Como é xoves, non vos cargo de moito traballo; así que faremos un pouco de Lingua Galega.
"Vale máis pouco e ben que moito e mal".
Ímos facer un folleto de información turística.
No libro fala de covas. Hai moitísimas por toda España, coñecedes algunha? Eu si...un día vos conto! 
Ledes as páxinas 170-171 e facedes do 1 ao 7.
 O exercicio 7 quero que o fagades a ordenador, e podedes poñer algunhas fotos que atopedes. A ver que tal!




CORRECCIÓN MÉRCORES

MATEMÁTICAS

1.
 •  7 unidades y 25 centésimas
 •  7 unidades y 4 décimas 
 •  12 unidades y 109 milésimas 
 •  12 unidades y 6 décimas
 •  11 unidades y 99 centésimas 
 •  7 unidades y 248 milésimas 
 7,248 < 7,25 < 7,4 < 11,99 < 12,109 < 12,6

2.
A las unidades: 4; 7; 8. 
A las décimas: 5,5; 14,7; 8,6. 
A las centésimas: 7,42; 5,19; 0,38.

3.
 2,705 + 6,899=  9,604
4,167 + 32,73= 36,897
8,09 + 6,7 + 3,804=  18,594
6,089 - 4,204= 1,885
17,8 - 9,97= 7,83
4,3 - 2,888= 1,412
4,75 x 7= 33,25
2,99 x 6,3= 18,837
1,207 x 4,9= 5,9143
35,6 : 4= 8,9
437 : 4,6= 95
7,068 : 5,7= 1,24

4.
4,5 x 2,7 + 8 : 0,04 - 2 =210,15
1,8 : (8,468 - 3,2 x 2,64)=   90
9 + 2,75 : 5 - 2,7 x 2,6= 2,53
8,9 x 1,023 - 11,78 : 6,2= 7,2047

5.
 3,78 + 4,29=    8,1
 5,178 + 8,667 = 13,9
 4,29 x 7= 30,1
 8,749 x 6=  52,2

6.
 10,53 : 4,5= 2,34
30,4 : 17 =  1,78
2,996 : 0,854=  3,508
22,2 : 3,8=  5,842

7.
5 /4 < 1,29 < 1,295 < 1,3  
14/10 <1,49 < 12/ 8 <1,51 

8.
0,045 km =450 dm
27.400 cl = 27,4 dal
45.000 dg = 4,5 kg
  3 h y 4 s =  10.804 s
  21.000’’ = 5º 50’
 1,345 m2 = 13.450 cm2
 30.000 dm2= 3 dam2
0,07 m3 = 70.000 cm3
4.000.000 m3 =  4 hm3 
 

SOCIAIS

Páxina 119: 1-2-3
1. A partir da invención da fotografía, os pintores trataron de transmitir con formas e cores o que a realidade lles suxire. Xa non necesitaban plasmar o que vían, pois iso podía conseguirse cunha simple fotografía. Agora debían aumentar a creatividade para mostrar o seu punto de vista desta nova realidade.  

2. Obras de arquitectos. Francisco Javier Sáenz de Oiza: Santuario da Nosa Señora de Aránzazu, en Guipúscoa; Alejandro de la Sota: Casa Domínguez, en Poio; Rafael Moneo: Museo Nacional de Arte Romana, en Mérida. Obras de escultores. Francisco Asorey: Monumento a San Francisco; Pablo Gargallo: O profeta; Juan Muñoz: Un cuarto onde sempre chove. Obras de pintores. Picasso: As señoritas de Aviñón; Dalí: Retrato de Mae West que pode utilizarse como apartamento surrealista; Miró: Bodegón do zapato vello.

3. As obras de arte son importantes porque inspiran a quen as admira. Consérvanse en museos porque son fontes para o estudo da historia.

martes, 19 de mayo de 2020

MÉRCORES 20 MAIO

Ola nenos e nenas! que nos pasa o tempo voando! Xa queda pouco para rematar o curso...
e menudo curso, verdade?
Estaría moi leda de podervos ver en persoa pronto, pero se non se leva a cabo o noso encontro, podemos ver unha nova función que ten google gmail, e facer unha reunión virtual.
A verdade é que non dispoño de moito tempo "libre" para facela, pero un día, entre as 15.30 e 16.30 se podemos, a facemos. Eu vos convocarei, parécevos?
Tendes que ter a conta gmail, e dispoñer de cámara no móbil ou ordenador, tablet...
Bueno, ala comezamos xa co traballiño:

MATEMÁTICAS

Hoxe ímos repasar, facendo os exercicios da páxina 162. TODOS.
Son moi doados, e se tendes dificultades nalgún, dicídemo.

LINGUA GALEGA

Xogamos un pouco coas palabras.
Fixádevos, que non é tan doado. Ao final poñen as solucións dos erros.

Hoxe, como ando un pouco melancólica, pensando pensando...quero que fagades por escrito unha anécdota de algo "especial"que pasara na clase, e que lembredes con afecto.
Pode ser tamén algo que pasara noutras clases doutras materias. Vale? Penso que estaría moi ben.
Os mellores escritos podo compartilos no blogue. Sempre que o autor/autora me autorice. Animádevos!


SOCIAIS

Hoxe toca ler as páxinas: 118,119. As primeiras son de repaso. E facedes os exercicios 1,2,3 da páxina 119.
Algúns exercicios tratan da vosa opinión persoal. Escribide un pouco máis, que me parece que algún estades un pouco vaguiños.

Agardo que non vos estresedes demais! Saudiños!

                                               





CORRECCIÓN MARTES

LENGUA CASTELLANA

Página 181: 5 al 11
5. Abrí la puerta… ¡y allí estaba Ana! 
    A la boda fueron… ¡quinientos invitados!
    Sí, pero ahora… ¿qué hacemos? 
    Lo siento, pero… he perdido tu libro.

6. Para la excursión, llevaré un sándwich, algo de fruta, refrescos… 
   Debería de estar por aquí… ¡Lo encontré! 
   Lo siento, no me había dado cuenta de…

7. Estudié mucho… ¡y saqué un diez! 

8. Sorpresa. Temor. Duda

9. Ejemplo: Es que… tenemos examen mañana.

10. Respuesta ejemplo:  Tengo todas mis cosas, pero… creo que me falta algo. 
       No sé si llamar o… esperar a que venga. 
       Estábamos en la montaña cuando… vimos que se acercaba una tormenta.
       Miré las notas del curso y… ¡tenía tres sobresalientes!

11. Respuesta libre.

SOCIAIS

Perdoade! Onte esquecín poñer as solucións da páxina 115. Aquí están!

PÁXINA 115: 1-2-3
1. O franquismo é a época en que o xeneral Franco asumiu todo o poder e gobernou de forma autoritaria. Prolongouse desde 1939 ata 1975.

2. Expresión escrita. As tres etapas do franquismo foron: os primeiros anos, cunha represión moi dura, con carencia de alimentos e outros produtos, e o illamento internacional de España. 

A segunda etapa corresponde aos cambios nas décadas de 1950 e 1960: España empezou a ser aceptada internacionalmente, asináronse acordos de cooperación con Estados Unidos e outros países e, en 1955, España foi admitida na ONU. A partir de 1960 a economía comezou a mellorar: aumentou a produción, modernizouse a agricultura e melloraron as infraestruturas. O turismo converteuse nunha das principais actividades económicas de España. 

A última etapa iniciouse en 1970 e supuxo o final do franquismo. Nela, a oposición ao goberno do xeneral Franco foi crecendo. O 20 de novembro de 1975 faleceu Francisco Franco e a súa morte puxo fin á ditadura.

3. Educación cívica. R. L. É importante que, para responder, comparen como se vivía daquela baixo unha ditadura co que ofrece unha democracia.

Páxina 117:1-2-3
1. En que ano se celebraron as primeiras eleccións democráticas desde 1936? Que partido obtivo a vitoria? Quen era o seu dirixente?
En 1977. O partido que gañou foi UCD, a Unión de Centro Democrático. O seu dirixente era Adolfo Suárez.

2. Indica como se establece na Constitución de 1978 a organización territorial de España.
Na Constitución de 1978 recóllese a organización territorial de España en dezasete Comunidades Autónomas e dúas Cidades Autónomas, Ceuta e Melilla.

lunes, 18 de mayo de 2020

MARTES 19 MAIO

Ola rapazada! Como foron estes días de lecer?
Non podemos queixarnos, polo menos xa non choveu...
Pois comezamos coma sempre con MATEMÁTICAS.
Ímos aproveitar este tempo que nos queda para repasar todo o dado no curso.
A ver como andan esas memorias! Para hoxe, propoño dous xogos:



Veo que habéis jugado bastantes alumnos a las anteriores actividades propuestas.
¡También puedo ver vuestros resultados!¡ Enhorabuena a los del 10!! ¡Seguir así!



LENGUA CASTELLANA.
Trabajamos un poco y luego a repasar jugando, a ver si os gusta este juego sobre los verbos...
Tocan las páginas 180-181. 
Como véis, yo utilizo bastante los puntos suspensivos, sobretodo en estas publicaciones,¿verdad? Hacer los ejercicios del 5 al 11 de la 181. Y leer antes, claro, la 180.
Enlace para juego:
 
Por último, SOCIAIS.
Continuamos coa historia; voltamos atrás: páxinas 116/117 (LER), e facemos os exercicios 1,2,3 da páxina 117.
Veña que son fáciles!
Teño que felicitar aos nenos/nenas que fixeron a súa historia, moitas están xenial...pero, tamén teño que botarlle unha reprimenda aos que non me enviaron nada! Pero nada de nada.
Continúo agardando polas que faltan.
Póñovos un vídeo para motivar un pouco máis. A ver se desta vai...ejem ejem!




CORRECCIÓN VENRES

MATEMÁTICAS
PROBLEMAS
FICHA 12
1. Juan corta 2,35 metros de cuerda de un rollo que tiene 14
metros. Después, llega su madre y corta un trozo
de 0,75 metros y otro de 3,05 metros.
¿Cuántos metros de cuerda quedan en el rollo?
14 - 2,3=  11,65. 
11,65 - (0,75 1 3,05) = 11,65 - 3,8 = 7,85 metros

2. María ha entregado 650 € por un viaje
a Mallorca para el próximo fin de semana.
¿Cuánto dinero le tienen que devolver?
196,76 + 127,5 + 98,12 = 422,38.
 650 - 422,38 = 227,62 euros

FICHA 13
1. En un supermercado venden los paquetes de 4 yogures
a 0,76 € el paquete y los paquetes de 12 yogures, a 2,04 €
el paquete. ¿Cuánto te ahorras por yogur si decides
comprar paquetes de 12 yogures?
0,76 : 4 = 0,19. 
2,04 : 12 = 0,17. 
0,19 - 0,17 = 0,02 céntimos

2. En el balneario de Aguas la Salud
embotellan agua mineral. ¿Cuántas
botellas de 1,5 litros pueden embotellar
con el agua que hay hoy en el depósito?
1.914 : 1,5 = 1.276 botellas

FICHA 14
1. Por el arreglo de un abrigo, a María le han cobrado 6,80 €.
Si ha pagado con monedas de 20 céntimos, ¿cuántas
monedas ha dado?
6,80 : 0,20 = 34 monedas

2. Los alumnos de 6.o del colegio Las Dunas
fueron a visitar una fábrica de refrescos.
Mientras veían la máquina envasadora
la profesora les preguntó: ¿cuántos botes
se necesitan para envasar todo el refresco?
4.138,20 : 0,33 = 12.540 botes

FICHA 15
1. Javier ha echado en su camión gasoil.
Para pagar ha entregado 100 €
y le han devuelto 22 €. ¿Cuántos litros
de gasoil ha echado Javier?
100 - 22 = 78. 
78 : 0,65 = 120 litros

2. Para las clases de adultos, María y Jaime
han comprado paquetes de bolígrafos.
Si han pagado 48,75 €, ¿cuántos
paquetes han comprado? ¿Cuánto ha
costado cada bolígrafo?
48,75 : 3,75 = 13.  Han comprado 13 cajas. 
3,75 : 10 = 0,375. Cada bolígrafo ha costado 0,375 €.

viernes, 15 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

Ola de novo!
Aínda que sexa sábado, algún ou algunha de vós igual mira o blogue, porque bota moito de menos as clases...(COMA MIN)
Por se as moscas, deixo por aquí un enlace que atopei navegando pola rede, pareceume moi interesante, así que, se tendes máis ganas de aprender, xa sabedes!
BOA LECTURA
http://primaveradasletras.gal/

Tamén podedes ver esta curta, a ver se vos gusta! 
Trata sobre o esforzo e a recompensa...





ATA O MARTES!

jueves, 14 de mayo de 2020

VENRES 15 MAIO

Alá vai outra semana que pasou voando!
Hoxe faremos as últimas fichas de Ricardo Carvalho Calero.
A que xa sabedes moitísimo sobre este grande autor galego?
Facedes as fichas dos pdf Carvalho Calero.

MATEMÁTICAS

Repasamos problemas con números decimales; ¡ A ver esas memorias!


Por último, lemos un pouco de SOCIAIS.

Volto a poñer os enlaces, espero que todos o poidades ver; xa que hai algúns problemas co "Adobe flashplayer".
Os que non sexades capaces, ledes as páxinas 116-117 e facedes os exercicios da 115: 1-2-3

              
                                                                                                                                         

Lembrarvos que tendes que dicirme un PSEUDÓNIMO para as HISTORIAS de "Mareando historias".
Os que faltan por enviar, veña...que así vou corrixindo algún que outro erro!


Por último, deserxarvos un bo fin de semana longo...xa que o luns non enviaremos tarefa. É día libre.
Así que paseade, gozade do bo tempo e lede moitísimo!
Ata prontiño meus nenos e nenas!


CORRECIÓN LENGUA CASTELLANA e SOCIAIS

LENGUA CASTELLANA

Páginas 179
¿Qué tal las clases de oraciones? ¿Son fáciles? Venga que ya queda poco para terminar el temario de este curso; y Lengua os gusta mucho...
1.
 Cierra la puerta al salir. Exhortativa.  
 Tal vez tengan el cuaderno en esa papelería. De posibilidad.
 Hoy no hay clase de Matemáticas. Enunciativa negativa.
 ¿Adónde quieres ir? Interrogativa. 
 Tendrá unos diez años.  De posibilidad.
 ¡Ojalá esté aún en casa! Optativa.

2.
 Ejemplos: : El libro le gustó mucho. No le ha gustado el libro.
3. Respuesta libre
4.
  R. ejemplo.: ¡Cómo me gusta el chocolate! ¡Cuánto tiempo sin verte! ¡Qué maravilla! (NO OLVIDÉIS PONER LOS SIGNOS)
5.
Respuesta libre.
6. No uses el móvil. No entres con perros. R. L.
7.¡Ojalá seleccionen mi cuento! LIBRE
8.
   Ellos quieren que os portéis bien.
  Laura vino con nosotras al concierto. 
  Cuando vengas haremos magdalenas.
 ¿Ha llamado Sofía? 
  Si no te gusta, pide otra cosa.
Oraciones simples: Laura vino con nosotras al concierto. ¿Ha llamado Sofía?
Oraciones compuestas: Ellos quieren que os portéis bien. Cuando vengas haremos magdalenas. Si no te gusta, pide otra cosa.

9.
Escribe una oración simple y una compuesta y subraya los verbos. LIBRE
10. Oraciones pasivas
 La noticia fue difundida por una revista.
 La casa fue reformada hace poco tiempo.
 Ese edificio ha sido diseñado por un famoso arquitecto.

11.
 El premio fue entregado por el director.
 El mercadillo fue organizado por los alumnos.
 Ese programa es visto por muchos espectadores. 
 El nuevo centro cultural fue inaugurado por el alcalde.

 12.
 R. ejemplo.: El periódico (sujeto) fue creado por el profesor de Lengua (complemento agente).

SOCIAIS

Páxina 113: 1-2-3
1.Que medidas adoptou o goberno republicano para modernizar o país? Adoptou diversas reformas para modernizar España. Por exemplo: a reforma agraria, en que se repartiron terras entre as familias de campesiños para mellorar as súas condicións de vida e, á vez, aumentar a produción agrícola; a reforma da ensinanza, grazas á cal se construíron miles de escolas por toda España para impulsar a educación, e a reforma laboral, que estableceu un salario mínimo para os traballadores e reduciu a xornada laboral.

2. Por que que se produciu a Guerra Civil? En que zonas quedou dividida España durante a guerra? A Guerra Civil iniciouse o 18 de xullo de 1936 porque o xeneral Francisco Franco, apoiado por unha parte do exército e por todos os que se opoñían ás reformas da República, deu un golpe de Estado contra o Goberno. Durante a guerra, España quedou dividida en dúas zonas: a zona republicana, que apoiaba ao goberno da República, que era o lexítimo, e a zona sublevada, que apoiaba os partidarios do golpe de Estado de Francisco Franco.

3.EDUCACIÓN CÍVICA. É a guerra a única vía para resolver os conflitos entre as persoas? Como cres que se constrúe a paz ante un conflito? Reflexiona e explica.
Resposta libre. EXEMPLO: Sempre hai que apostar polo diálogo. Ante un conflito, a paz constrúese buscando o consenso, buscando o entendemento entre os dous bandos para evitar a crueldade da guerra.




 



Cómic

Cómic
Xian