jueves, 18 de junio de 2020

VENRES 19 XUÑO

Pois todo chega ao seu fin!




Os nosos camiños sepáranse agora, aínda que non se sabe se algún día se reencontrarán.
En primeiro lugar, gustaríame pedirte perdón, se algunha vez non estiven aí cando me necesitabas; asegúrote que sempre pensei facer o mellor para ti.
Gustaríame darte algún consello.
 Xa sabes os deberes para o verán: 
Ler o teu libro favorito (Liana preguntábame o outro día por "Volverás, golfiño"),
 gozar coa túa mascota, escoitar música que non coñeces (NON SOAMENTE ESA HORRIPILANTE QUE ESTÁ TAN DE MODA, UF NON A SOPORTO!)
pasar tempo coa túa familia, explorar a natureza (sobretodo en Carnota co preciosa que é), practicar deporte...
O tempo voa. Os adultos sempre queremos voltar á nosa infancia, así que aproveitaa!
Co tempo, aprenderás que o mellor da vida está nas pequenas cousas.
Espero que respetes ao que é diferente a ti, que te poñas sempre no seu lugar,que sexas unha persoa que escoita. 
Espero que coides o medioambiente, eres o futuro, a Terra está nas túas mans.
Fai que as cousas pasen, non perdas a túa curiosidade. INVENTA, CREA, APAIXÓNATE!
Tentei ensinarte todo o que sei.
Ogallá puidera acompañarte algúns anos máis. Fixéchesme sentir xenial e sempre...sempre terás un lugar reservado no meu corazón.


Podemos seguir co blogue este verán se me enviades "algo" que vos gustaría publicar e compartir!

Eu comprométome, e vós?



Eu, hoxe, botarei de menos esas apertas que nos tiñamos que dar, despedíndonos e rematando unha etapa.
Agardo que moi pronto podamos darnos unha grande aperta!
Sodes fenomenais. Coidádevos e coidade dos vosos.
ATA SEMPRE!

E agora voa, voa alto! MIL BICOS!


miércoles, 17 de junio de 2020

XOVES 18 XUÑO

Aí vai, pero...xa é xoves?

Non sei se marchar para O Pindo! Creo que aló fan máis caso á profe!
O que dixen onte; algún xa está de vacacións...
Pois para hoxe quérovos deixar uns pasatempos, veredes que divertidos! 
Eu paseino moi ben adiviñando quen eran os profes das fotos.Non vale ver as solucións...

PASATEMPOS






 Teño que contarvos unha cousiña e é que xa temos todos os debuxos e relatos de "Mareando historias" para que podades ver canto talento hai nestas aulas do voso colexio!
Eu quedei abraiada e a súa lectura fíxome pasar moi bo momento.
A ver cal vos gusta máis!
Pinchade no enlace para acceder ao archivo.


Outra cousa, podedes repasar contidos do curso ou ben mirar novos contidos para 1º da ESO buscando en internet: Xogos interactivos de matemáticas, lengua, lingua, etc...aproveitade o verán!
Non xoguedes tanto a eses xogos tan raros que vos gustan e escoitade todo tipo de música, por favor!
Non entendo a moda esa que hai agora na música, é horripilante! Destroza os oídos...así que facédeme un pouco de caso, hai música marabillosa agardando por vós, con letras que son poemas e teñen un sentido e significado...
Hoxe vou amosarvos dúas pezas moi importantes para min (entre tantas).



Déixovos aquí tamén os números de maio e xuño da revista: "O PAPAGAIO"




















martes, 16 de junio de 2020

MÉRCORES 17 XUÑO

TIC-TAC...Ola nenos e nenas! Xa estamos chegando ao porto...pero paréceme a min que algúns xa están de vacacións!


Bueno, para hoy tenemos otros tantos juegos de repaso.
Ya sabéis mi insistencia en una correcta escritura (ortografía, caligrafía...), saber expresarnos tanto oralmente como por escrito es fundamental para que nos entiendan, para que comprendan nuestros pensamientos y sentimientos.
¡Así que no me defraudéis y de aquí en adelante preocuparos por vuestra expresión!


Y...para continuar, no me olvido del juego famosísimo que os encanta,coged papel y lápiz para anotar las soluciones; espero que os guste y entretenga.


No quiero ser pesada con estos juegos de repaso, pero me parecen increíbles.
¿A vosotros qué os parecen?
A ver si este verano tengo tiempo y realizo yo uno, ya que éstos los han hecho otros profesores y profesoras de distintos lugares de España. 
Lo mejor es que comparten.¡Así da gusto!
 
Por último, ya sabéis que la música es una de mis pasiones; así que quiero compartir esto con vosotros:
No os olvidéis de bailar, cantar, tocar, dibujar mucho, pintar...
¡Hasta mañana!

lunes, 15 de junio de 2020

MARTES 16 XUÑO

Ola chicos e chicas!
Apetécevos ver algunhas curtametraxes que nos ensinen?
Penso que estes tres meses foron duros abondo, e merecedes descansar xa!
Fixéchedelo xenial e teño que dar as grazas ás vosas familias por implicarse tantísimo nos vosos traballos, nas vosas tarefas! 
NORABOA A TODOS E TODAS!
Hoxe, por tanto, tomámolo con tranquilidade...
Podedes visitar as antigas entradas do blogue, e voltar a facer as actividades que propuxen. (Sobretodo as máis divertidas).
Agardo que este blogue continúe aberto todo o verán, así podedes ir practicando.
Eu escribindo de cando en vez, porque non me esquecerei de vós! Tamén seguiremos en contacto co móbil, vale?



Éste ya lo vimos en clase...¿Os acordáis?


Y el último, uno que me chifla: "Kiwi". ¡Podemos conseguir todo lo que nos propongamos!

Como non iamos ir de excursión, e ao final non poderiamos ir aínda que quixésemos; propoño facer unha visita virtual a algún MUSEO.
Hoxe déixovos este enlace tan recomendable.
Coñecedes o museo TATE MODERN?
Sabedes onde está?
Tate Modern es el nombre por el que se conoce el Museo Nacional Británico de Arte Moderno. Se encuentra en el centro de Londres y forma parte del grupo de museos Tate junto con Tate BritainTate Liverpool y Tate St Ives, estos dos últimos situados fuera de Londres.
Entrad en el enlace, praticad un poco de inglés y ya veréis qué mundo más divertido.
Yo estuve allí...¿Os gustaría ir? Pues estudiad mucho estos próximos años para poder viajar y descubrir nuevas aventuras.


Desde a biblioteca, ofrecen a guía de lectura para que sigades lendo este verán.




NON ME PODO ESQUECER DE QUE ANXO VOLTOU SER O PRIMEIRO EN COMPLETAR OS XOGOS DE MATES! NORABOA ANXO!!!!!!!



domingo, 14 de junio de 2020

LUNS 15 XUÑO

Ola rapaces e rapazas! Como foron estes días de lecer?
Seguro que estupendos!Pois ben, xa estamos a piques de rematar este caótico curso que non ides esquecer tan doadamente...non si?
Estes días tentareí que vos divirtades repasando contidos en forma de xogo. Non vos queixaredes eh...
Sei que algúns botarédesme algo de menos, eu a vós todos os días! E outros/as ficaredes aliviados de perderme de vista, jajaja...

MATEMÁTICAS

Bien, como os dije la pasada semana; ésta repasamos jugando.

Navegando, navegando...encontré esta página que es súper divertida.
 A ver quién recuerda el tema de divisibilidad.
 Ánimo, el que lo consiga primero recibirá una medalla virtual en el blog.
(Necesito foto para reconocer al ganador/ora)
Comenzamos con Mario, que aunque ponga 5º, es bueno para recordar y dejar claro los conceptos:
Continuamos con Andy...¡Necesita ayuda!
Si aún tenéis más ganas de "operar", entrad en este enlace para seguir practicando las operaciones combinadas.


LINGUA GALEGA

Hoxe gustaríame que escribirades un pequeno texto de despedida sobre este curso 2019/2020.
Facede memoria e pensade no que pasou estes meses atrás. Podedes poñer que foi o que máis vos gustou e o que menos.
Imaxinade que tendes que ler o texto diante dos compañeiros do colexio e dos profesores.
Igual vos digo que fagades un vídeo (sen que se vos vexa a cara) e podémolo poñer no blogue.
Aínda que ás veces os vídeos son moi "pesados" para publicar ou enviar por email, en google podedes poñer: "cómo hacer un vídeo más pequeño/menos pesado" e vos aparecen enlaces onde comprimen o vídeo para poder envialo por email.
Animádevos!


SOCIAIS

Por último, para hoxe ímos rematando o tema.
Lembrades ao comezo do curso que facíamos algunha exposición na clase, diante dos compañeiros, verdade?
Pois ides preparar un traballo sobre un país da UE (mellor se usades o word ou open office).
Déixovos ata o mércores para enviarmo! Seguide estas pautas que vos poño, así será máis doado e ordenado.
O venres, o primeiro neno en enviarme o xogo completo foi ANXO!
Así que NORABOA ANXO! Tes unha medalla virtual, porque a mereces.




jueves, 11 de junio de 2020

VENRES 12 DE XUÑO

Ola a todos e todas! Por fin é venres e xa chega un tempo de descanso!
Como estes días traballastes moito, hoxe imos facer a tarefa un pouco máis amena, pero os que non me enviaron a redacción, xa sabedes!
Comezamos con MATEMÁTICAS:

Para hoy unos juegos muy divertidos, pero tenéis que hacerlos pensando y calculando mentalmente en más de uno. Ya me contaréis, espero que os gusten!

El siguiente juego es muy intrigante, tenéis que ir descubriendo los códigos para ayudar a los personajes.
Venga, el primero que lo termine y me envíe foto de que lo ha conseguido, saldrá publicado en el blog.
SUERTE!

Este enlace es una pasada , hay profesores que disponen de más tiempo y crean auténticas maravillas relacionadas con la materia del curso.Y lo mejor es que lo comparten.
 Aquí os propongo que veáis este enlace y leáis, visualicéis todos los vídeos porque está recogido casi todo lo que dimos. Podéis hacerlo en varios días, no todo el mismo.
De esta manera tendréis los conceptos más frescos para secundaria.


No está tan mal esto de las tecnologías, ¿A qué sí? Sé de un compañero vuestro al que le van a encantar estos juegos, porque siempre me lo dice.

Bueno, después de jugar un buen rato y refrescar memorias, vamos allá con Sociais:
Hoxe tocan dúas páxinas máis. Facedes as actividades todas, con enunciados, despois de ler.




Por hoxe, nada máis, soamente lembrar aos nenos e nenas que non me enviáchedes as redaccións, que estou agardando para corrixir!
Unha aperta e que teñades un bonito fin de semana.
Se chove, que chova! Que nós lemos...

Deixo por aquí esta peza musical que me encantou! 
Paréceme moi especial, que me dicides? A música, a letra...





CORRECCIÓNS

SOCIAIS

1. 
• A Unión Europea (UE) é unha organización económica
e política de países europeos democráticos. Fundouse en
1957, cos Tratados de Roma. En 1992, co Tratado de Maastricht,
a CEE pasou a chamarse Unión Europea.
 • Actualmente está formada por 28 países.
2.
 A cidadanía europea significa que os cidadáns da UE
poden residir, estudar ou traballar libremente nos demais
países da Unión Europea.
3.
Resposta libre.


MATEMÁTICAS

Fichas repaso
FICHA 1
1. 
19 - 3 + 8 - 4 = 20.
12 + 34 - 26 - 17 = 3.
(37 - 8) - (15 + 3) + 7 = 29 - 18 +7 =18.
75 - (14 - 5) = 75 - 9 = 66.
23 -(7 + 6) + 10 = 23 - 13 + 10 = 20.
(25 - 7) - (24 - 12) = 18 - 12 = 6.

2.
4 x 2 + 3 x 5 - 1 = 8 + 15 - 1 = 22.
7 - 3 x 2 + 5 x 3 - 2 = 7 - 6 + 15 - 2 = 14.
25 + 4 x 3 - 7 + 4 = 25 + 12 - 7 + 4 = 34.
9 - 7 + 3 x (8 - 6) = 9 - 7 + 3 x 2 = 9 - 7 + 6 = 8.
15 x 2 + 3 x 7 = 30 + 21 = 51.
3 x (4 + 5) - (9 - 7) x 2 = 3 x 9 - 2 x 2 = 27 - 4 = 23.

3.
8 x 7 : 4 + 7 x 4 = 56 : 4 + 28 = 14 + 28 = 42.
5 x 7 - 12 : 6 - 5 x 4 - 4 = 35 - 2 - 20 - 4 = 9.
(100 + 200) : 10 - 4 x (56 - 52) = 300 : 10 - 4 x 4 = 30 - 16 = 14.
20 + 30 x 12 + 16 - 10 = 20 + 360 +16 - 10 = 386.
112 + 3 x (14 - 6) = 112 + 3 x 8 = 112 + 24 = 136.
400 : 5 - 2 x 3 + 8 x 13 = 80 - 6 + 104 = 178.

4.
(3 + 4) x 7 - 2 = 47.
(2 + 3) x 6 = 30.
8 x (6 - 2) + 3 = 35.
(2 + 7) x 8 = 72.
5 + 3 x 6 - 10 = 38.
9 - 2 x (7 - 3) = 1.
12 x (7 + 8) = 180.
(9 x 5) + 9 : 3 = 48.
8 x 6 - (2 + 3) = 43.
(3 - 2) x 5 - 4 = 1.
(4 + 3) x 2 - 5 = 9.
5 + 3 x 5 + 10 = 30.

FICHA 2

1.
(3 + 4) X 5 - (18 - 12) = 7 X 5 - 6 = 35 - 6 = 29.
3 X (7 + 5) + 2 X (19 - 6) = 3 X 12 + 2 X 13 = 36 + 26 = 62.
12 X (28 - 23) - 3 X (9 - 6) = 12 X 5 - 3 X 3 = 60 - 9 = 51.
(84 - 44) X 15 = 40 X 15 = 600.
2 + (7 + 4) - 2 = 2 + 11 - 2 = 13 - 2 = 11.
18 - 3 + 5 X 4 - 1 - 12 X 2 = 18 - 3 + 20 - 1 - 24 = 10.
76 - 5 X 8 + 54 X 2 - 30 X 3 = 76 - 40 + 108 - 90 = 54.
(360 - 120) X (3 X 6) = 240 X 18 = 4.320.

2.
(45 + 89) X 8 - 34 = 134 X 8 - 34 = 1.072 - 34 = 1.038.
(460 - 320) + (50 - 25) = 140 + 25 = 165.
(120 + 38 + 29) - (45 + 12 + 19) = 187 - 76 = 111.

3.

Como es complicado poner las tablas en el blog, os paso el archivo con las soluciones de las fichas de matemáticas. Fijáos que no haya errores.

miércoles, 10 de junio de 2020

XOVES 11 DE XUÑO

Ola rapazada! 
Supoño que onte vistes a presentación do I.E.S.Lamas de Castelo;non si?
Pois hoxe quero que para LINGUA GALEGA fagades unha pequena redacción comentando como pensades que van ser os vosos incicios alí e a despedida do voso colexio, a vosa segunda casa durante todos estes anos.
Mínimo 150 palabras. E poñede un título!
Unha idea: Os vosos pensamentos, medos, ganas de coñecer algo novo, materias diferentes, outros compañeiros, etc...pensade!

SOCIAIS
Seguimos co tema,xa que quero acabalo antes do próximo martes.

Para ingresar na Unión Europea os países deben cumprir unha serie de condicións: de carácter xeográfico (ser un país de Europa); de carácter político
(ser un país democrático); económico (debe aceptar
e aplicar as normas económicas da UE) e social (comprometerse a permitir que os cidadáns da UE poidan residir, estudar ou traballar nese país e que os seus cidadáns poidan transitar e traballar en calquera outro país membro).

O último país en incorporarse foi Croacia, no ano 2013. Outros países como Islandia, Turquía, Serbia, Montenegro ou Macedonia pediron ingresar na UE.
A cidadanía europea ten como reflexo o acordo Schengen, que entrou en vigor en 1995 e permite a libre circulación de persoas por varios países da Unión.

Ledes "A Unión Europea", as dúas páxinas e facedes as actividades:1.2.3
Tamén facedes o "Traballa coa imaxe", pero tede en conta o BREXIT. Sabedes que é?
Se non o sabedes, pescudade en INTERNET.
Non sexades vaguiños e copiade os enunciados, que queda mellor nas cabezas para recordar.
Podedes buscar  información neste enlace, pero está en inglés. Hai algún xogo e así practicades o idioma ou traducides co google:




Por hoxe nada máis! Traballade moito!

CORRECCIÓN MÉRCORES

SOCIAIS

Traballa coa imaxe
• Dúas Comunidades: Illas Baleares e Canarias. Dúas
Cidades Autónomas: Ceuta e Melilla.
• Estas son todas as Comunidades uniprovinciais: Rexión
de Murcia, A Rioxa, Cantabria, Principado de Asturias, Comunidade
de Madrid, Comunidade Foral de Navarra e Illas
Baleares.


1. Os poderes do Estado son: o poder lexislativo. Encárgase
de elaborar as leis, aprobar os orzamentos do Estado
e controlar a acción do Goberno. 
O poder executivo. Dirixe o país, elabora os orzamentos do Estado e proponlles leis
ás Cortes Xerais. Ademais, encárgase de facer cumprir as
leis. 
O poder xudicial. Encárgase de xulgar o cumprimento
das leis e de administrar a xustiza.

2.  O municipio está gobernado polo Concello. A maioría
de provincias están gobernadas pola Deputación Provincial.
Cada Comunidade Autónoma ten o seu Estatuto de Autonomía,
no que se recollen as súas institucións, como o parlamento
e o goberno autonómicos, e as súas competencias,
que son os asuntos sobre os que goberna a Comunidade.

martes, 9 de junio de 2020

BENVIDA AO INSTITUTO

Ola a todos e todas!

Supoño que andades xa un pouco nerviosos polo cambio de primaria a secundaria...
Como este curso non puidemos ir visitar o I.E.S de Lamas de Castelo, os profesores, que alí vos estarán agardando, fixeron unha presentación para explicarvos un pouco mellor como vai ser o tránsito do colexio ao instituto.
Agardamos que sexa moi ameno e instructivo. 
Tamén que perdades calquer clase de medo que teñades! 
Podedes velo todas as veces que queirades.
Sei que é difícil nesta situación que nos tocou vivir, pensar que xa en setembro ides marchar para o "insti"...pero, tranquilos! xa veredes que será fantástico. Ademáis a contorna na que está situado é fermosa 
(cóntovos un segredo? pois eu vivo alí preto desde o setembro pasado).
Seguro que teredes uns profesores/as marabillosos que vos axudarán en todo o que necesitedes; e ata hai unha cafetería!
Se tendes algunha dúbida, xa sabedes! Preguntádeme!

Mércores 10 de xuño


Agora comezamos coa tarefa para hoxe:

LENGUA CASTELLANA
La tarea de hoy es muy muy muy divertida.
 Buscando juegos entretenidos y originales para vosotros, encontré éste que os ayudará a repasar las categorías gramaticales de Lengua Castellana. Es un repaso de todo el curso.
Tenéis que empezar en sentido contario a las agujas del reloj. Tiene lectura, para refrescar la memoria; y juegos, para practicar lo aprendido.
Si le dáis a la flecha en la derecha del panel, saldrán vídeos dónde explica qué es cada cosa.
Muy fácil. Ya veréis:


Os pongo el segundo enlace por si no llegáis con el anterior.
¡ESPERO QUE OS GUSTE!

SOCIAIS
Primeiro imos lembrar onde están as Comunidades Autónomas.


Hoxe tocan uns exercicios sobre o tema de España na UE.
Lede o texto.
Facedes o traballa coa imaxe e as dúas actividades.
Penso que as podedes ver ben!

 





Aínda que non temos libro, isto das tecnoloxías é fenomenal!
Non vos esquezades de facer as fichas de mate.
Bo día!



CORRECIÓNS LUNS E MARTES

LINGUA GALEGA

PÁXINA 182: 1-2-5
1.
 • Dise que España é plurilingüe porque no seu territorio se falan varias linguas oficiais (galego, castelán, catalán e éuscaro) e outras que non son oficiais (asturiano, aragonés, etc.); Galicia é bilingüe porque se falan o galego e o castelán.
 • En todo o territorio español é oficial o castelán, e en Galicia o castelán e o galego. 
 • RL.
 • O portugués, porque é unha lingua moi semellante ao galego, debido ao seu pasado e orixe comúns.

2. 
 I ▶ A historia da lingua galega comeza cos romanos. 
 II ▶ Os castrexos, habitantes dos castros. Trouxéronlle unha avanzada cultura, a lingua latina, as artes, avances na agricultura e no comercio.
 III ▶ O latín vulgar, é dicir, o que falaban as xentes. Ata o Danubio. 
  IV ▶ Que, ao desfacerse o imperio o latín foi evolucionando de forma distinta nos territorios e apareceron os romances, é dicir, as linguas románicas (francés, italiano, romanés, catalán, galego, portugués, etc.).
 V ▶ O galego escrito comezou a utilizarse, segundo o romance de Darío X. Cabana, alá polo 1200. O galego escrito utilizábano os notarios e os poetas; e o galego oral, ademais da xente do común, os reis, labregos, señores, abades dos mosteiros, soldados e doutores.

5.
 Galego: xoia / consello / irmán. 
• RL. • O portugués e o galego. 
• A máis diferente é o éuscaro, porque é a única lingua das faladas na península ibérica que non provén do latín.



LENGUA CASTELLANA

FICHA REPASO
Esta ficha la tengo que corregir yo, pues la respuesta es personal.

lunes, 8 de junio de 2020

MARTES 9 XUÑO

Bos días a todos e todas!

Antes de nada, dar as grazas as familias que viñestes onte a traer os libros tan rápido.
Puiden ver a algúns de vós e fiquei moi leda!
 A verdade que boteivos moito de menos estes meses, e aínda que deste xeito aprendestes a manexar as tecnoloxías á velocidade do raio; non é o mesmo que cando estabamos na clase e falabamos, discutiamos, reñíavos e riamos tamén! Pero este curso foi así e levámolo o mellor que puidemos.
Estou segurísima de que o vindeiro curso ides sacalo de marabilla, porque sodes moi espabilados e espabiladas! (Pero iso xa o sabía...)
Agora, a maioría de vós estades sen libro, pero temos que seguir traballando polo menos ata o luns.

Hoy empezamos con LENGUA CASTELLANA:
Si queréis repasar vocabulario, para tener una mayor fluidez verbal y riqueza léxica, hacer este pasapalabra divertido.
¡Tened cuidado con las mayúsculas y las tildes! Si no las ponéis correctamente, os contará como error.


También haremos una ficha de repaso:


Como es poquito, hacerlo con muy buena letra, limpito y con ganas, por favor.

SOCIAIS

Soamente vos recomendo entrar no enlace, ler e traballar un pouco os exercicios que vos indican. Son para facer online. Facédeos porque esta semana elaborarei un pasapalabra. 
E quero ver resultados!

MATEMÁTICAS

Dúas fichas das que vos enviei no enlace.

Si tenéis algo de tiempo libre, podéis intentar hacer estas manualidades.
(Los ojos también pueden ser de cartulina o papel pintado)



domingo, 7 de junio de 2020

LUNS 8 XUÑO

Ola mozos e mozas! Como estades? Seguro que xa de marabilla, paseando, tomando o sol e xogando...
Soamente quedan dúas semaniñas para rematar este curso, así que temos que ir preparándonos para o desembarco!
(Esta semana traballamos un pouco... e xa na última, faremos actividades máis divertidas; nada de fichas nin libro)

Comenzamos pues con Matemáticas :
Estos días voy a cambiar la rutina; es decir, os doy el pdf con las fichas para hacer a lo largo de la semana.
Podéis mandarme dos cada día, o bien todo el viernes.Todo es de repaso, así que es facilísimo, pero quiero que no perdáis la soltura a la hora de calcular.
Yo pondré las soluciones de todas las fichas el viernes.

FICHITAS DE MATES


Repasamos también con estos vídeos conceptos que seguramente tendréis un poco olvidados:
MÚLTIPLOS Y DIVISORES



CRITERIOS DE DIVISIBILIDAD


LINGUA GALEGA

Tócanos saber un pouco máis sobre as linguas de España.
Lemos a páxinas 182 e facemos o 1-2-5. NADA MÁIS!
Se tendes tempo e queredes aprender máis cousas sobre a nosa lingua, podedes pinchar no enlace. 
Aquí atoparedes etapas, liña do tempo e poemas. 
Como é moita información, podedes ler esta páxina en diferentes días, recoméndovolo infinitamente!


Un pouco de historia da nosa LINGUA


A vosa compañeira Sofía quere compartir con vós as súas creacións...A que é bonito?





viernes, 5 de junio de 2020

PROPOSTAS FIN DE SEMANA

Ola nenos e nenas! Hoxe é o Día do Medioambiente.
Desde Orientación envíannos estas propostas, penso que é moi interesante velas.
Ides elixir unha delas e me contades que vos pareceu.

Se preferides, podedes atopar o documento en pdf no enlace que vos poño, pinchades na dirección e xa vos sale o vídeo:


Agardamos que gocedes! Bicos!


jueves, 4 de junio de 2020

VENRES 5 XUÑO

Ola rapazada!
 Pásame so a min ou é que esta semana marchou voando?
Onte díxenvos que tiña unha sorpresa, verdade? 

La sorpresa se trata de un juego súper súper súper divertido en el que repasaremos algunas cosas dadas en el curso! Ya veréis, espero que os guste y que acertéis todo, para lograr ayudar a Los Croods!
Por cierto, habéis visto la película alguna vez? Espero que me comentéis si os gustó, etc...
A ver quién es el primero o primera que termina el reto. ¡Mandarme foto!
Pinchar en el título:

 



Como estoy segurísima que este juego os ha encantado, aquí os propongo otro, un poco más sencillo y de Lengua... ¡A ver qué tal lo hacéis!
Pinchar en el título:

Quiero que me contéis si os resultaron sencillas o no. Si falláis, no os preocupéis porque podéis volver a empezar. SUERTE!

¡Disfrutad el fin de semana!

 Solamente deciros que espero hacer tareas un poco más divertidas estos últimos días de curso.

miércoles, 3 de junio de 2020

XOVES 4 DE XUÑO

Ola!
Hoxe,coma todos os xoves, ímos facer un pouco de LINGUA GALEGA:

Seguimos a traballar coa lectura da última unidade, polo que faremos oralmente a páxina 180 e escritos o 10 e 11.
Vedes que estes días estámonos centrando na busca de información en INTERNET.
Despois, se aínda non estades excesivamente cansos, facemos a páxina 181: 1,2,3 ,4.
Podedes buscar exemplos de arcaísmos en galego. Cantos máis, mellor!
Animádevos, xa que teño algunha sorpresiña para o venres!

Aquí podedes atopar algúns:

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1444815157/contido/falo_galego/6_arcasmos.html

REPASO DE EXTRANXEIRISMOS. MOI ATENTOS! PREMEDE NA PALABRA:

EXTRANXEIRISMOS


Agardo que pasedes un bo día! 



CORRECCIÓN MÉRCORES

LENGUA CASTELLANA

Competencia lectora
Orales ( os pongo las soluciones...)

1.  Mortal. Inmortales.

2.  En la isla de Eolia y en la nave. En la isla, Eolo acogió a Ulises y a sus compañeros (líneas 6 a 32). En la nave, Ulises y los suyos llevaban consigo un saco que contenía todos los vientos adversos. Cuando Ulises fue vencido por el sueño, sus compañeros abrieron el saco y una gran tempestad arrastró la embarcación nuevamente hasta la isla de Eolia (líneas 33 a 55). Allí volvieron a pedir ayuda a Eolo, pero este los expulsó airado (líneas 55 a 64).

3. Durante el viaje de regreso de Ulises a Ítaca.

4. Ulises y Eolo. Rey de Ítaca o hijo de Laertes y señor de los vientos. Al principio, era una relación buena, amistosa. Al final, Eolo rechazó a Ulises. Porque no había sido capaz de retornar a su patria y para Eolo eso solo podía significar que los dioses no estaban a favor de Ulises.

5 . Una ruta segura que le permitiera retornar con sus hombres a Ítaca. Eolo le dio un saco de piel de buey en cuyo interior había aprisionado los vientos adversos.

6. Ulises: quedarse dormido. La tripulación: abrir el saco.

7. Los vientos salieron del saco y estalló una terrible tempestad que los llevó nuevamente a la isla de Eolia.

8.   Porque ese viento de poniente conduciría la nave con suavidad hacia Ítaca. Porque estaba tan desesperado por lo que había ocurrido que era incapaz de hacer nada. Porque no iba a oponerse a la voluntad de los inmortales, que no deseaban que Ulises volviese a su patria.

martes, 2 de junio de 2020

MÉRCORES 3 DE XUÑO

Ola a todos e todas!
Cando remata o curso escolar 2019/2020? Moitos vos preguntades iso...pois remata o venres 19.
Non ímos facer tarefas ata ese día! TRANQUILIDADE! Pensade que non queda nada xa.
Comezamos con MATEMÁTICAS.
Para hoxe soamente vos recomendo que fagades as actividades online dos seguintes enlaces:

NÚMEROS PRIMOS

NÚMEROS ENTEROS


LENGUA CASTELLANA

Leemos la lectura de la Unidad 12: "El señor de los vientos".
Aparecen palabras que utilizamos poco habitualmente, verdad? Por ejemplo; exhausto.
 Esta palabra la podemos utilizar para definir cómo os encontráis después de realizar la tarea que os mando.
Como podréis ver, trata de Ulises (parecido a la lectura de galego).
 ¿Podéis buscar información sobre este personaje?
Haced los ejercicios de la página 192, oralmente, menos el 11 escrito.

SOCIAIS

Soamente vou pedir que leades a páxina 124 e fagades: le e comprende o problema. TODO.
Como dispoñedes de Internet, será doado facer a "expresión oral" pero por escrito.
Podedes entrar neste enlace:

Botádelle un OLLO! Está xenial para planificar unha viaxe por Europa. Aínda que no momento no que nos atopamos non o podemos facer, pensade que nun futuro non moi afastado si que o levaremos a cabo.

Que teñades un bo día!


Unha última cousiña: O voso compi Antonio, que é moi artista el, contoume o que fai no tempo libre.
A verdade que me parece moi divertido e singular.
Trátase de coller un debuxo e convertilo noutro utilizando diferentes técnicas.
Que vos parece? Probades? Para mostra, un botón:

Encantoume!

CORRECIÓN MARTES

MATEMÁTICAS
PROBLEMAS
1. 
Ficha 5
• -6 - 3 = -9.
  -9 + 7 = -2
• +7 - 8 = -1.
    -1 - 4 =  -5.
La cafetería se encuentra en la planta 21.
El garaje se encuentra en la planta 25.

2.
Ficha 6
• m.c.d. (105 y 60) = 15.
• m.c.d. (16 y 20) = 4.


Eran fáciles, verdad?
 Para refrescar memorias:




MAREANDO HISTORIAS

Xa temos o veredicto do xurado de "Mareando historias".
Darvos as grazas por participar, porque a verdade é que estaban moi ben os vosos relatos, o que pasa que soamente pode gañar un por categoría.
Así que o máis importante é participar e amosar o voso talento!
NORABOA para Aitor Alvarellos Lago da nosa clase e para todos os gañadores das outras clases!
En setembro se repartirán os premios, e como os nenos e nenas de 6º van estar libres os primeiros días de curso, podedes ir a ver a entrega... e o gañador recoller o seu premio.



lunes, 1 de junio de 2020

MARTES 2 XUÑO

Ola chiquitines! Que tal o día de onte?
Hoxe estaredes preparados para traballar un pouco máis...

Comenzamos como siempre con MATEMÁTICAS;

repasamos unos problemas sencillos:

En el mismo enlace, podéis decargar lo que envió la profesora Gina para estos días.

Vamos a continuar con LENGUA CASTELLANA:

TEMA 12: Mitología.
Ya vimos a lo largo del curso los mitos y leyendas, ¿verdad?, pues profundizamos un poco más en el tema, tratando la mitología.
La mitología. 
La mitología es el conjunto de los mitos de una cultura. 
Se trata de relatos imaginarios que, en la Antigüedad, intentaban explicar cuestiones relacionadas con la naturaleza, la Tierra, el universo, etc., que los seres humanos no lograban comprender. 
En los mitos abundan los hechos prodigiosos protagonizados por dioses, monstruos y héroes. 
Aunque en todo el mundo se dieron este tipo de relatos, los más importantes para nosotros son los de la Antigüedad clásica (Grecia y Roma).

Véis alguna diferencia entre mitos y leyendas? Pues los hay, así que investigar un poco y me contáis cuáles son las diferencias.
Leed el poema de Antonio Machado (página 189) y haced el ejercicio 10. 
RELATO BREVE (mínimo 100 palabras, como siempre) je je je
Por último, contestamos el saber hacer.

Como estamos acabando, sólamente os pido que hagáis la portada de SOCIAIS sobre el nuevo tema.

Tema 8: "España e a Unión Europea".
Para entrar en materia, podedes visualizar estes vídeos:






CORRECCIÓNS LUNS

MATEMÁTICAS


1.
a) La cifra 7.
b) El lugar de las centenas de millón.
c) La cifra 9.
• Las opciones correctas son la primera
y la última.

2. 
  • 172.000.000 > 171.800.000 > 171.499.000 > 170.650.000 > 170.099.000
  • 6.° A: 25    6.° B: 21
  • 5.° A: 24    5.° B: 30
  • 4.° A: 22    4.° B: 30
  • 18 x 50 = 900; 16 x 47 = 752; 50 - 5 = 45
  • 900 + 752 - 45 = 1.697
  • 1.697 : 12 ► c = 141, r =5
  • Necesitarían 142 minibuses.
  • Miraflores: año 1995; celebraciones: 12.
  • Bosqueclaro: año 2004; celebraciones: 9.




domingo, 31 de mayo de 2020

LUNS 1 XUÑO

Ola nenos e nenas! 
E por fin chegou xuño, xa ule a vacacións, mar, sol, praia, descanso...verdade?
Que tal o fin de semana? Agardo que o pasarades fantástico!

Hoxe comezamos con MATEMÁTICAS. Ímos repasar, veña...hoxe unha faciliña! A ver esas memorias:

e un xogo de cáculo mental; a ver que tal se vos da:



LINGUA GALEGA
Comezamos o último tema do libro. Paréceme moi interesante a pequena lectura da páxina 177: 
"A primeira aventura", ledes e facedes os exercicios 4 e 5.
Despois ledes a lectura da unidade: "Un día de sorte".
Como xa andades un pouco cansos, por hoxe nada máis.

Teños que felicitar ao voso compañeiro Alex, que me enviou un debuxo moi bonito. É un artista!
Xa vos dixen que podedes enviarme "cousiñas" que fagades e pensedes que podedes compartir!



Cómic

Cómic
Xian