martes, 24 de marzo de 2020

Mércores 25 de marzo

Ola rapaces!

Como andan eses ánimos?
Agardo que estedes todos e todas ben, con moitas ganas de seguir aprendendo.

Xa queda menos para volver a vernos, estade tranquilos/as.
Como sei que algúns estades un pouco agobiados polas tarefas, 
hoxe propóñovos para o día redactar ese pequeno "Texto teatral" en galego,que vos comentei nas actividades do padlet. Podedes ilustralo.
Enviademe o resumo da lectura de Lengua Castellana (Tema 9)
Ide lendo un pouco do libro "Palabras saladas", que está moi chulo; e axudaravos a reflexionar un pouco nestes difíciles e raros momentos que estamos a pasar.
E non esquezades axudar na casa as vosas nais/pais coas tarefas!!!!

Eu lembro o libro de lectura que estabamos a ler na clase, quedei coa intriga de saber o final.
 Vós non? como comezaba...ah, si: "Nada muda en Bagdad".
Comparto con vós unha musiquiña:

https://www.youtube.com/watch?v=uuhsprXMMOw&feature=youtu.be&fbclid=IwAR3Gre81pPXO5TgTkcp2yj4EGvl5KyCtcCq9CDT8xzSQ83Kneid8j3mWS-k

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Cómic

Cómic
Xian