domingo, 19 de abril de 2020

CORRECCIÓNS DO VENRES

OLA! antes de ler as solucións, teño que lembrarvos algo:

PRESTADE MOITA ATENCIÓN AS MAIÚSCULAS DOS NOMES PROPIOS: España, Goya,etc...
O til dalgunhas palabras: O til é unha marca gráfica que poñemos (ou non)  enriba das vogais para indicar cal é a sílaba que se pronuncia con máis forza dentro de cada palabra. É unha guía que nos permite ler as palabras correctamente.

Poño un enlace de repaso; botádelle un ollo, ou os dous!

MATEMÁTICAS
Actividades
 1 
 •  300 hm2 
 •  700 dam2
 •  26.000 cm2
 •  142 mm2
 •  8 dam2
 •  67 dm2
 •  0,0943 hm2
 •  0,0725 m2
 •  0,79 dam2
 •  540.000 dm2
 •  0,057 m2
 •  0,00096 hm2 

2
 •  20.700,25 m2 
 •  507.000,0008 m2
 • 400,003037 m2  
 • 12.000,030028 m2
 • 0,051392 m2
 • 507000,0067 m2

SOCIAIS

1 Francisco de Goya viviu entre a segunda metade do século XVIII e o primeiro terzo do século XIX, é dicir, estivo entre dúas idades históricas: a Moderna e a Contemporánea. Foi pintor da corte e retratou a Carlos IV e a Fernando VII. Tamén pintou escenas populares, como festas, e mostrou nas súas obras a crueza da guerra ao pintar varios episodios da guerra da Independencia. 

2 A xeración do 98 é un grupo de escritores españois que, profundamente afectados pola decadencia de España que supuxo a perda das últimas colonias de Cuba, Porto Rico e Filipinas en 1898, escribiron con gran pesimismo sobre a situación de España. Pertenceron a este grupo Pío Baroja, Miguel de Unamuno e Antonio Machado. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Cómic

Cómic
Xian