miércoles, 13 de mayo de 2020

XOVES 14 MAIO

Ola nenos e nenas!
Hoxe seguimos aprendendo sobre Ricardo Carvalho Calero; esta vez cun xogo súper divertido!
Veredes, veredes...

Gustouvos, a que si? Pois atopei outra actividade que penso vos vai gustar tamén:


Quen nos ía dicir que aprender pode ser tan divertido...
Facede tamén as fichas que vos poño a continuación; son curtiñas e moi interesantes:


Seguimos o día lendo un pouco de SOCIAIS; páxinas 114 e 115, voltamos atrás e facemos as actividades da páx 113: 1-2-3 (copiando enunciados)

Por hoxe, nada mais! so dicirvos que agardo por máis historias.
Canto antes as enviedes, mellor!!
Por último, quero pedirvos que pensedes nunha canción que vos encante, pode ser en galego, castelán, francés, alemán,inglés, árabe, chino, ruso...a canción que vos queirades! Dicídeme título e intérprete.
(Tamén pode ser soamente instrumental). Enviádemo ao email, grazas! É IMPORTANTE.
Mañá porei as correcións : L.Castellana  de onte e Sociais.


Ai! Esquecía unha cousa; mirando o blogue de quinto, gustoume moito algo que vin... A profe María é tan amable de compartir comigo e convosco estos "truquiños" para facer con xeito as nosas historias:





                                                                                                                                        COMO NON SE VE DEMASIADO BEN, DÉIXOVOS EN PDF:


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Cómic

Cómic
Xian