martes, 19 de mayo de 2020

MÉRCORES 20 MAIO

Ola nenos e nenas! que nos pasa o tempo voando! Xa queda pouco para rematar o curso...
e menudo curso, verdade?
Estaría moi leda de podervos ver en persoa pronto, pero se non se leva a cabo o noso encontro, podemos ver unha nova función que ten google gmail, e facer unha reunión virtual.
A verdade é que non dispoño de moito tempo "libre" para facela, pero un día, entre as 15.30 e 16.30 se podemos, a facemos. Eu vos convocarei, parécevos?
Tendes que ter a conta gmail, e dispoñer de cámara no móbil ou ordenador, tablet...
Bueno, ala comezamos xa co traballiño:

MATEMÁTICAS

Hoxe ímos repasar, facendo os exercicios da páxina 162. TODOS.
Son moi doados, e se tendes dificultades nalgún, dicídemo.

LINGUA GALEGA

Xogamos un pouco coas palabras.
Fixádevos, que non é tan doado. Ao final poñen as solucións dos erros.

Hoxe, como ando un pouco melancólica, pensando pensando...quero que fagades por escrito unha anécdota de algo "especial"que pasara na clase, e que lembredes con afecto.
Pode ser tamén algo que pasara noutras clases doutras materias. Vale? Penso que estaría moi ben.
Os mellores escritos podo compartilos no blogue. Sempre que o autor/autora me autorice. Animádevos!


SOCIAIS

Hoxe toca ler as páxinas: 118,119. As primeiras son de repaso. E facedes os exercicios 1,2,3 da páxina 119.
Algúns exercicios tratan da vosa opinión persoal. Escribide un pouco máis, que me parece que algún estades un pouco vaguiños.

Agardo que non vos estresedes demais! Saudiños!

                                               





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Cómic

Cómic
Xian