domingo, 31 de mayo de 2020

LUNS 1 XUÑO

Ola nenos e nenas! 
E por fin chegou xuño, xa ule a vacacións, mar, sol, praia, descanso...verdade?
Que tal o fin de semana? Agardo que o pasarades fantástico!

Hoxe comezamos con MATEMÁTICAS. Ímos repasar, veña...hoxe unha faciliña! A ver esas memorias:

e un xogo de cáculo mental; a ver que tal se vos da:



LINGUA GALEGA
Comezamos o último tema do libro. Paréceme moi interesante a pequena lectura da páxina 177: 
"A primeira aventura", ledes e facedes os exercicios 4 e 5.
Despois ledes a lectura da unidade: "Un día de sorte".
Como xa andades un pouco cansos, por hoxe nada máis.

Teños que felicitar ao voso compañeiro Alex, que me enviou un debuxo moi bonito. É un artista!
Xa vos dixen que podedes enviarme "cousiñas" que fagades e pensedes que podedes compartir!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Cómic

Cómic
Xian