lunes, 11 de mayo de 2020

MARTES 12 MAIO


Ola queridos nenos e nenas! 
Que tal van as tarefas sobre o volume en matemáticas?
Entendédelo ben? Xa sabedes que se tendes dúbidas podedes preguntarme.
Ben, coma onte traballáchedes bastante, hoxe propóñovos un concurso; seguro que o facedes xenial!

Matemáticas
https://wordwall.net/play/1971/213/478

Tamén ímos repasar un pouco do traballado no curso; así que facede os problemas da páxina 161.
Non son tantos...


SOCIAIS
Como non sei que estades a ler na casa, nas páxinas 112 e 113 temos unha lectura boísima sobre Historia de España.
Lede e pescudade un pouco sobre o noso pasado máis cercano.

LINGUA GALEGA
Sabedes que celebramos o 17 de maio?... que aí está, á volta da esquina!
As
Letras Galegas 2020
O 17 de maio de 1863, hai agora 157 anos, Rosalía de Castro, a gran
escritora galega, publicou o seu libro Cantares Gallegos que dedicou á
tamén escritora Cecilia Böhl de Faber.
Cantares Gallegos é o libro que marca o inicio do Rexurdimento da lingua
galega como idioma literario.
Para conmemorar esta data e homenaxear a algún autor ou autora que
defendera o noso idioma, A Real Academia Galega, cen anos despois, en
1963, instituíu o 17 de maio como o Día das Letras Galegas.
A Real Academia Galega este ano 2020 ten previsto homenaxear a
Ricardo Carvalho Calero, nado en Ferrol en outubro de 1910 e falecido
en Santiago en marzo de 1990.
Ricardo foi filólogo, historiador literario, membro do Seminario de
Estudos Galegos, da Real Academia Galega... e primeiro catedrático de
Lingua Galega da universidade de Santiago.
Este ano, por mor da pandemia do COVID-19 os actos de homenaxe
quedan adiados para o 31 de outubro, coincidindo cos 110 anos do
nacemento do autor.
Así que para ir coñecendo algo máis deste autor propoñémosvos que fagades estas actividades en liña; 

LEDE E FACEDE AS ACTIVIDADES, PORQUE MAÑÁ FAREMOS UN CONCURSO! VAIVOS GUSTAR!!
                                                                                                                                                               
                                                                                                                                                     


Perdonad, los ejercicios de lengua castellana ya los había mandado, pero como me faltaban algunos por corregir, pensé que no los hiciéramos.

Xa van chegando as primeiras Historias para o concurso, teñen unha pinta boísima. Agora mesmo vou a comezar a ler. 
Agardo por todas!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Cómic

Cómic
Xian