jueves, 18 de junio de 2020

VENRES 19 XUÑO

Pois todo chega ao seu fin!




Os nosos camiños sepáranse agora, aínda que non se sabe se algún día se reencontrarán.
En primeiro lugar, gustaríame pedirte perdón, se algunha vez non estiven aí cando me necesitabas; asegúrote que sempre pensei facer o mellor para ti.
Gustaríame darte algún consello.
 Xa sabes os deberes para o verán: 
Ler o teu libro favorito (Liana preguntábame o outro día por "Volverás, golfiño"),
 gozar coa túa mascota, escoitar música que non coñeces (NON SOAMENTE ESA HORRIPILANTE QUE ESTÁ TAN DE MODA, UF NON A SOPORTO!)
pasar tempo coa túa familia, explorar a natureza (sobretodo en Carnota co preciosa que é), practicar deporte...
O tempo voa. Os adultos sempre queremos voltar á nosa infancia, así que aproveitaa!
Co tempo, aprenderás que o mellor da vida está nas pequenas cousas.
Espero que respetes ao que é diferente a ti, que te poñas sempre no seu lugar,que sexas unha persoa que escoita. 
Espero que coides o medioambiente, eres o futuro, a Terra está nas túas mans.
Fai que as cousas pasen, non perdas a túa curiosidade. INVENTA, CREA, APAIXÓNATE!
Tentei ensinarte todo o que sei.
Ogallá puidera acompañarte algúns anos máis. Fixéchesme sentir xenial e sempre...sempre terás un lugar reservado no meu corazón.


Podemos seguir co blogue este verán se me enviades "algo" que vos gustaría publicar e compartir!

Eu comprométome, e vós?



Eu, hoxe, botarei de menos esas apertas que nos tiñamos que dar, despedíndonos e rematando unha etapa.
Agardo que moi pronto podamos darnos unha grande aperta!
Sodes fenomenais. Coidádevos e coidade dos vosos.
ATA SEMPRE!

E agora voa, voa alto! MIL BICOS!


miércoles, 17 de junio de 2020

XOVES 18 XUÑO

Aí vai, pero...xa é xoves?

Non sei se marchar para O Pindo! Creo que aló fan máis caso á profe!
O que dixen onte; algún xa está de vacacións...
Pois para hoxe quérovos deixar uns pasatempos, veredes que divertidos! 
Eu paseino moi ben adiviñando quen eran os profes das fotos.Non vale ver as solucións...

PASATEMPOS






 Teño que contarvos unha cousiña e é que xa temos todos os debuxos e relatos de "Mareando historias" para que podades ver canto talento hai nestas aulas do voso colexio!
Eu quedei abraiada e a súa lectura fíxome pasar moi bo momento.
A ver cal vos gusta máis!
Pinchade no enlace para acceder ao archivo.


Outra cousa, podedes repasar contidos do curso ou ben mirar novos contidos para 1º da ESO buscando en internet: Xogos interactivos de matemáticas, lengua, lingua, etc...aproveitade o verán!
Non xoguedes tanto a eses xogos tan raros que vos gustan e escoitade todo tipo de música, por favor!
Non entendo a moda esa que hai agora na música, é horripilante! Destroza os oídos...así que facédeme un pouco de caso, hai música marabillosa agardando por vós, con letras que son poemas e teñen un sentido e significado...
Hoxe vou amosarvos dúas pezas moi importantes para min (entre tantas).



Déixovos aquí tamén os números de maio e xuño da revista: "O PAPAGAIO"




















martes, 16 de junio de 2020

MÉRCORES 17 XUÑO

TIC-TAC...Ola nenos e nenas! Xa estamos chegando ao porto...pero paréceme a min que algúns xa están de vacacións!


Bueno, para hoy tenemos otros tantos juegos de repaso.
Ya sabéis mi insistencia en una correcta escritura (ortografía, caligrafía...), saber expresarnos tanto oralmente como por escrito es fundamental para que nos entiendan, para que comprendan nuestros pensamientos y sentimientos.
¡Así que no me defraudéis y de aquí en adelante preocuparos por vuestra expresión!


Y...para continuar, no me olvido del juego famosísimo que os encanta,coged papel y lápiz para anotar las soluciones; espero que os guste y entretenga.


No quiero ser pesada con estos juegos de repaso, pero me parecen increíbles.
¿A vosotros qué os parecen?
A ver si este verano tengo tiempo y realizo yo uno, ya que éstos los han hecho otros profesores y profesoras de distintos lugares de España. 
Lo mejor es que comparten.¡Así da gusto!
 
Por último, ya sabéis que la música es una de mis pasiones; así que quiero compartir esto con vosotros:
No os olvidéis de bailar, cantar, tocar, dibujar mucho, pintar...
¡Hasta mañana!

lunes, 15 de junio de 2020

MARTES 16 XUÑO

Ola chicos e chicas!
Apetécevos ver algunhas curtametraxes que nos ensinen?
Penso que estes tres meses foron duros abondo, e merecedes descansar xa!
Fixéchedelo xenial e teño que dar as grazas ás vosas familias por implicarse tantísimo nos vosos traballos, nas vosas tarefas! 
NORABOA A TODOS E TODAS!
Hoxe, por tanto, tomámolo con tranquilidade...
Podedes visitar as antigas entradas do blogue, e voltar a facer as actividades que propuxen. (Sobretodo as máis divertidas).
Agardo que este blogue continúe aberto todo o verán, así podedes ir practicando.
Eu escribindo de cando en vez, porque non me esquecerei de vós! Tamén seguiremos en contacto co móbil, vale?



Éste ya lo vimos en clase...¿Os acordáis?


Y el último, uno que me chifla: "Kiwi". ¡Podemos conseguir todo lo que nos propongamos!

Como non iamos ir de excursión, e ao final non poderiamos ir aínda que quixésemos; propoño facer unha visita virtual a algún MUSEO.
Hoxe déixovos este enlace tan recomendable.
Coñecedes o museo TATE MODERN?
Sabedes onde está?
Tate Modern es el nombre por el que se conoce el Museo Nacional Británico de Arte Moderno. Se encuentra en el centro de Londres y forma parte del grupo de museos Tate junto con Tate BritainTate Liverpool y Tate St Ives, estos dos últimos situados fuera de Londres.
Entrad en el enlace, praticad un poco de inglés y ya veréis qué mundo más divertido.
Yo estuve allí...¿Os gustaría ir? Pues estudiad mucho estos próximos años para poder viajar y descubrir nuevas aventuras.


Desde a biblioteca, ofrecen a guía de lectura para que sigades lendo este verán.




NON ME PODO ESQUECER DE QUE ANXO VOLTOU SER O PRIMEIRO EN COMPLETAR OS XOGOS DE MATES! NORABOA ANXO!!!!!!!



domingo, 14 de junio de 2020

LUNS 15 XUÑO

Ola rapaces e rapazas! Como foron estes días de lecer?
Seguro que estupendos!Pois ben, xa estamos a piques de rematar este caótico curso que non ides esquecer tan doadamente...non si?
Estes días tentareí que vos divirtades repasando contidos en forma de xogo. Non vos queixaredes eh...
Sei que algúns botarédesme algo de menos, eu a vós todos os días! E outros/as ficaredes aliviados de perderme de vista, jajaja...

MATEMÁTICAS

Bien, como os dije la pasada semana; ésta repasamos jugando.

Navegando, navegando...encontré esta página que es súper divertida.
 A ver quién recuerda el tema de divisibilidad.
 Ánimo, el que lo consiga primero recibirá una medalla virtual en el blog.
(Necesito foto para reconocer al ganador/ora)
Comenzamos con Mario, que aunque ponga 5º, es bueno para recordar y dejar claro los conceptos:
Continuamos con Andy...¡Necesita ayuda!
Si aún tenéis más ganas de "operar", entrad en este enlace para seguir practicando las operaciones combinadas.


LINGUA GALEGA

Hoxe gustaríame que escribirades un pequeno texto de despedida sobre este curso 2019/2020.
Facede memoria e pensade no que pasou estes meses atrás. Podedes poñer que foi o que máis vos gustou e o que menos.
Imaxinade que tendes que ler o texto diante dos compañeiros do colexio e dos profesores.
Igual vos digo que fagades un vídeo (sen que se vos vexa a cara) e podémolo poñer no blogue.
Aínda que ás veces os vídeos son moi "pesados" para publicar ou enviar por email, en google podedes poñer: "cómo hacer un vídeo más pequeño/menos pesado" e vos aparecen enlaces onde comprimen o vídeo para poder envialo por email.
Animádevos!


SOCIAIS

Por último, para hoxe ímos rematando o tema.
Lembrades ao comezo do curso que facíamos algunha exposición na clase, diante dos compañeiros, verdade?
Pois ides preparar un traballo sobre un país da UE (mellor se usades o word ou open office).
Déixovos ata o mércores para enviarmo! Seguide estas pautas que vos poño, así será máis doado e ordenado.
O venres, o primeiro neno en enviarme o xogo completo foi ANXO!
Así que NORABOA ANXO! Tes unha medalla virtual, porque a mereces.




jueves, 11 de junio de 2020

VENRES 12 DE XUÑO

Ola a todos e todas! Por fin é venres e xa chega un tempo de descanso!
Como estes días traballastes moito, hoxe imos facer a tarefa un pouco máis amena, pero os que non me enviaron a redacción, xa sabedes!
Comezamos con MATEMÁTICAS:

Para hoy unos juegos muy divertidos, pero tenéis que hacerlos pensando y calculando mentalmente en más de uno. Ya me contaréis, espero que os gusten!

El siguiente juego es muy intrigante, tenéis que ir descubriendo los códigos para ayudar a los personajes.
Venga, el primero que lo termine y me envíe foto de que lo ha conseguido, saldrá publicado en el blog.
SUERTE!

Este enlace es una pasada , hay profesores que disponen de más tiempo y crean auténticas maravillas relacionadas con la materia del curso.Y lo mejor es que lo comparten.
 Aquí os propongo que veáis este enlace y leáis, visualicéis todos los vídeos porque está recogido casi todo lo que dimos. Podéis hacerlo en varios días, no todo el mismo.
De esta manera tendréis los conceptos más frescos para secundaria.


No está tan mal esto de las tecnologías, ¿A qué sí? Sé de un compañero vuestro al que le van a encantar estos juegos, porque siempre me lo dice.

Bueno, después de jugar un buen rato y refrescar memorias, vamos allá con Sociais:
Hoxe tocan dúas páxinas máis. Facedes as actividades todas, con enunciados, despois de ler.




Por hoxe, nada máis, soamente lembrar aos nenos e nenas que non me enviáchedes as redaccións, que estou agardando para corrixir!
Unha aperta e que teñades un bonito fin de semana.
Se chove, que chova! Que nós lemos...

Deixo por aquí esta peza musical que me encantou! 
Paréceme moi especial, que me dicides? A música, a letra...





CORRECCIÓNS

SOCIAIS

1. 
• A Unión Europea (UE) é unha organización económica
e política de países europeos democráticos. Fundouse en
1957, cos Tratados de Roma. En 1992, co Tratado de Maastricht,
a CEE pasou a chamarse Unión Europea.
 • Actualmente está formada por 28 países.
2.
 A cidadanía europea significa que os cidadáns da UE
poden residir, estudar ou traballar libremente nos demais
países da Unión Europea.
3.
Resposta libre.


MATEMÁTICAS

Fichas repaso
FICHA 1
1. 
19 - 3 + 8 - 4 = 20.
12 + 34 - 26 - 17 = 3.
(37 - 8) - (15 + 3) + 7 = 29 - 18 +7 =18.
75 - (14 - 5) = 75 - 9 = 66.
23 -(7 + 6) + 10 = 23 - 13 + 10 = 20.
(25 - 7) - (24 - 12) = 18 - 12 = 6.

2.
4 x 2 + 3 x 5 - 1 = 8 + 15 - 1 = 22.
7 - 3 x 2 + 5 x 3 - 2 = 7 - 6 + 15 - 2 = 14.
25 + 4 x 3 - 7 + 4 = 25 + 12 - 7 + 4 = 34.
9 - 7 + 3 x (8 - 6) = 9 - 7 + 3 x 2 = 9 - 7 + 6 = 8.
15 x 2 + 3 x 7 = 30 + 21 = 51.
3 x (4 + 5) - (9 - 7) x 2 = 3 x 9 - 2 x 2 = 27 - 4 = 23.

3.
8 x 7 : 4 + 7 x 4 = 56 : 4 + 28 = 14 + 28 = 42.
5 x 7 - 12 : 6 - 5 x 4 - 4 = 35 - 2 - 20 - 4 = 9.
(100 + 200) : 10 - 4 x (56 - 52) = 300 : 10 - 4 x 4 = 30 - 16 = 14.
20 + 30 x 12 + 16 - 10 = 20 + 360 +16 - 10 = 386.
112 + 3 x (14 - 6) = 112 + 3 x 8 = 112 + 24 = 136.
400 : 5 - 2 x 3 + 8 x 13 = 80 - 6 + 104 = 178.

4.
(3 + 4) x 7 - 2 = 47.
(2 + 3) x 6 = 30.
8 x (6 - 2) + 3 = 35.
(2 + 7) x 8 = 72.
5 + 3 x 6 - 10 = 38.
9 - 2 x (7 - 3) = 1.
12 x (7 + 8) = 180.
(9 x 5) + 9 : 3 = 48.
8 x 6 - (2 + 3) = 43.
(3 - 2) x 5 - 4 = 1.
(4 + 3) x 2 - 5 = 9.
5 + 3 x 5 + 10 = 30.

FICHA 2

1.
(3 + 4) X 5 - (18 - 12) = 7 X 5 - 6 = 35 - 6 = 29.
3 X (7 + 5) + 2 X (19 - 6) = 3 X 12 + 2 X 13 = 36 + 26 = 62.
12 X (28 - 23) - 3 X (9 - 6) = 12 X 5 - 3 X 3 = 60 - 9 = 51.
(84 - 44) X 15 = 40 X 15 = 600.
2 + (7 + 4) - 2 = 2 + 11 - 2 = 13 - 2 = 11.
18 - 3 + 5 X 4 - 1 - 12 X 2 = 18 - 3 + 20 - 1 - 24 = 10.
76 - 5 X 8 + 54 X 2 - 30 X 3 = 76 - 40 + 108 - 90 = 54.
(360 - 120) X (3 X 6) = 240 X 18 = 4.320.

2.
(45 + 89) X 8 - 34 = 134 X 8 - 34 = 1.072 - 34 = 1.038.
(460 - 320) + (50 - 25) = 140 + 25 = 165.
(120 + 38 + 29) - (45 + 12 + 19) = 187 - 76 = 111.

3.

Como es complicado poner las tablas en el blog, os paso el archivo con las soluciones de las fichas de matemáticas. Fijáos que no haya errores.

miércoles, 10 de junio de 2020

XOVES 11 DE XUÑO

Ola rapazada! 
Supoño que onte vistes a presentación do I.E.S.Lamas de Castelo;non si?
Pois hoxe quero que para LINGUA GALEGA fagades unha pequena redacción comentando como pensades que van ser os vosos incicios alí e a despedida do voso colexio, a vosa segunda casa durante todos estes anos.
Mínimo 150 palabras. E poñede un título!
Unha idea: Os vosos pensamentos, medos, ganas de coñecer algo novo, materias diferentes, outros compañeiros, etc...pensade!

SOCIAIS
Seguimos co tema,xa que quero acabalo antes do próximo martes.

Para ingresar na Unión Europea os países deben cumprir unha serie de condicións: de carácter xeográfico (ser un país de Europa); de carácter político
(ser un país democrático); económico (debe aceptar
e aplicar as normas económicas da UE) e social (comprometerse a permitir que os cidadáns da UE poidan residir, estudar ou traballar nese país e que os seus cidadáns poidan transitar e traballar en calquera outro país membro).

O último país en incorporarse foi Croacia, no ano 2013. Outros países como Islandia, Turquía, Serbia, Montenegro ou Macedonia pediron ingresar na UE.
A cidadanía europea ten como reflexo o acordo Schengen, que entrou en vigor en 1995 e permite a libre circulación de persoas por varios países da Unión.

Ledes "A Unión Europea", as dúas páxinas e facedes as actividades:1.2.3
Tamén facedes o "Traballa coa imaxe", pero tede en conta o BREXIT. Sabedes que é?
Se non o sabedes, pescudade en INTERNET.
Non sexades vaguiños e copiade os enunciados, que queda mellor nas cabezas para recordar.
Podedes buscar  información neste enlace, pero está en inglés. Hai algún xogo e así practicades o idioma ou traducides co google:




Por hoxe nada máis! Traballade moito!

CORRECCIÓN MÉRCORES

SOCIAIS

Traballa coa imaxe
• Dúas Comunidades: Illas Baleares e Canarias. Dúas
Cidades Autónomas: Ceuta e Melilla.
• Estas son todas as Comunidades uniprovinciais: Rexión
de Murcia, A Rioxa, Cantabria, Principado de Asturias, Comunidade
de Madrid, Comunidade Foral de Navarra e Illas
Baleares.


1. Os poderes do Estado son: o poder lexislativo. Encárgase
de elaborar as leis, aprobar os orzamentos do Estado
e controlar a acción do Goberno. 
O poder executivo. Dirixe o país, elabora os orzamentos do Estado e proponlles leis
ás Cortes Xerais. Ademais, encárgase de facer cumprir as
leis. 
O poder xudicial. Encárgase de xulgar o cumprimento
das leis e de administrar a xustiza.

2.  O municipio está gobernado polo Concello. A maioría
de provincias están gobernadas pola Deputación Provincial.
Cada Comunidade Autónoma ten o seu Estatuto de Autonomía,
no que se recollen as súas institucións, como o parlamento
e o goberno autonómicos, e as súas competencias,
que son os asuntos sobre os que goberna a Comunidade.

martes, 9 de junio de 2020

BENVIDA AO INSTITUTO

Ola a todos e todas!

Supoño que andades xa un pouco nerviosos polo cambio de primaria a secundaria...
Como este curso non puidemos ir visitar o I.E.S de Lamas de Castelo, os profesores, que alí vos estarán agardando, fixeron unha presentación para explicarvos un pouco mellor como vai ser o tránsito do colexio ao instituto.
Agardamos que sexa moi ameno e instructivo. 
Tamén que perdades calquer clase de medo que teñades! 
Podedes velo todas as veces que queirades.
Sei que é difícil nesta situación que nos tocou vivir, pensar que xa en setembro ides marchar para o "insti"...pero, tranquilos! xa veredes que será fantástico. Ademáis a contorna na que está situado é fermosa 
(cóntovos un segredo? pois eu vivo alí preto desde o setembro pasado).
Seguro que teredes uns profesores/as marabillosos que vos axudarán en todo o que necesitedes; e ata hai unha cafetería!
Se tendes algunha dúbida, xa sabedes! Preguntádeme!

Mércores 10 de xuño


Agora comezamos coa tarefa para hoxe:

LENGUA CASTELLANA
La tarea de hoy es muy muy muy divertida.
 Buscando juegos entretenidos y originales para vosotros, encontré éste que os ayudará a repasar las categorías gramaticales de Lengua Castellana. Es un repaso de todo el curso.
Tenéis que empezar en sentido contario a las agujas del reloj. Tiene lectura, para refrescar la memoria; y juegos, para practicar lo aprendido.
Si le dáis a la flecha en la derecha del panel, saldrán vídeos dónde explica qué es cada cosa.
Muy fácil. Ya veréis:


Os pongo el segundo enlace por si no llegáis con el anterior.
¡ESPERO QUE OS GUSTE!

SOCIAIS
Primeiro imos lembrar onde están as Comunidades Autónomas.


Hoxe tocan uns exercicios sobre o tema de España na UE.
Lede o texto.
Facedes o traballa coa imaxe e as dúas actividades.
Penso que as podedes ver ben!

 





Aínda que non temos libro, isto das tecnoloxías é fenomenal!
Non vos esquezades de facer as fichas de mate.
Bo día!



Cómic

Cómic
Xian