jueves, 18 de junio de 2020

VENRES 19 XUÑO

Pois todo chega ao seu fin!




Os nosos camiños sepáranse agora, aínda que non se sabe se algún día se reencontrarán.
En primeiro lugar, gustaríame pedirte perdón, se algunha vez non estiven aí cando me necesitabas; asegúrote que sempre pensei facer o mellor para ti.
Gustaríame darte algún consello.
 Xa sabes os deberes para o verán: 
Ler o teu libro favorito (Liana preguntábame o outro día por "Volverás, golfiño"),
 gozar coa túa mascota, escoitar música que non coñeces (NON SOAMENTE ESA HORRIPILANTE QUE ESTÁ TAN DE MODA, UF NON A SOPORTO!)
pasar tempo coa túa familia, explorar a natureza (sobretodo en Carnota co preciosa que é), practicar deporte...
O tempo voa. Os adultos sempre queremos voltar á nosa infancia, así que aproveitaa!
Co tempo, aprenderás que o mellor da vida está nas pequenas cousas.
Espero que respetes ao que é diferente a ti, que te poñas sempre no seu lugar,que sexas unha persoa que escoita. 
Espero que coides o medioambiente, eres o futuro, a Terra está nas túas mans.
Fai que as cousas pasen, non perdas a túa curiosidade. INVENTA, CREA, APAIXÓNATE!
Tentei ensinarte todo o que sei.
Ogallá puidera acompañarte algúns anos máis. Fixéchesme sentir xenial e sempre...sempre terás un lugar reservado no meu corazón.


Podemos seguir co blogue este verán se me enviades "algo" que vos gustaría publicar e compartir!

Eu comprométome, e vós?



Eu, hoxe, botarei de menos esas apertas que nos tiñamos que dar, despedíndonos e rematando unha etapa.
Agardo que moi pronto podamos darnos unha grande aperta!
Sodes fenomenais. Coidádevos e coidade dos vosos.
ATA SEMPRE!

E agora voa, voa alto! MIL BICOS!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Cómic

Cómic
Xian