miércoles, 10 de junio de 2020

CORRECCIÓN MÉRCORES

SOCIAIS

Traballa coa imaxe
• Dúas Comunidades: Illas Baleares e Canarias. Dúas
Cidades Autónomas: Ceuta e Melilla.
• Estas son todas as Comunidades uniprovinciais: Rexión
de Murcia, A Rioxa, Cantabria, Principado de Asturias, Comunidade
de Madrid, Comunidade Foral de Navarra e Illas
Baleares.


1. Os poderes do Estado son: o poder lexislativo. Encárgase
de elaborar as leis, aprobar os orzamentos do Estado
e controlar a acción do Goberno. 
O poder executivo. Dirixe o país, elabora os orzamentos do Estado e proponlles leis
ás Cortes Xerais. Ademais, encárgase de facer cumprir as
leis. 
O poder xudicial. Encárgase de xulgar o cumprimento
das leis e de administrar a xustiza.

2.  O municipio está gobernado polo Concello. A maioría
de provincias están gobernadas pola Deputación Provincial.
Cada Comunidade Autónoma ten o seu Estatuto de Autonomía,
no que se recollen as súas institucións, como o parlamento
e o goberno autonómicos, e as súas competencias,
que son os asuntos sobre os que goberna a Comunidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Cómic

Cómic
Xian