miércoles, 17 de junio de 2020

XOVES 18 XUÑO

Aí vai, pero...xa é xoves?

Non sei se marchar para O Pindo! Creo que aló fan máis caso á profe!
O que dixen onte; algún xa está de vacacións...
Pois para hoxe quérovos deixar uns pasatempos, veredes que divertidos! 
Eu paseino moi ben adiviñando quen eran os profes das fotos.Non vale ver as solucións...

PASATEMPOS






 Teño que contarvos unha cousiña e é que xa temos todos os debuxos e relatos de "Mareando historias" para que podades ver canto talento hai nestas aulas do voso colexio!
Eu quedei abraiada e a súa lectura fíxome pasar moi bo momento.
A ver cal vos gusta máis!
Pinchade no enlace para acceder ao archivo.


Outra cousa, podedes repasar contidos do curso ou ben mirar novos contidos para 1º da ESO buscando en internet: Xogos interactivos de matemáticas, lengua, lingua, etc...aproveitade o verán!
Non xoguedes tanto a eses xogos tan raros que vos gustan e escoitade todo tipo de música, por favor!
Non entendo a moda esa que hai agora na música, é horripilante! Destroza os oídos...así que facédeme un pouco de caso, hai música marabillosa agardando por vós, con letras que son poemas e teñen un sentido e significado...
Hoxe vou amosarvos dúas pezas moi importantes para min (entre tantas).



Déixovos aquí tamén os números de maio e xuño da revista: "O PAPAGAIO"




















No hay comentarios:

Publicar un comentario

Cómic

Cómic
Xian