miércoles, 10 de junio de 2020

XOVES 11 DE XUÑO

Ola rapazada! 
Supoño que onte vistes a presentación do I.E.S.Lamas de Castelo;non si?
Pois hoxe quero que para LINGUA GALEGA fagades unha pequena redacción comentando como pensades que van ser os vosos incicios alí e a despedida do voso colexio, a vosa segunda casa durante todos estes anos.
Mínimo 150 palabras. E poñede un título!
Unha idea: Os vosos pensamentos, medos, ganas de coñecer algo novo, materias diferentes, outros compañeiros, etc...pensade!

SOCIAIS
Seguimos co tema,xa que quero acabalo antes do próximo martes.

Para ingresar na Unión Europea os países deben cumprir unha serie de condicións: de carácter xeográfico (ser un país de Europa); de carácter político
(ser un país democrático); económico (debe aceptar
e aplicar as normas económicas da UE) e social (comprometerse a permitir que os cidadáns da UE poidan residir, estudar ou traballar nese país e que os seus cidadáns poidan transitar e traballar en calquera outro país membro).

O último país en incorporarse foi Croacia, no ano 2013. Outros países como Islandia, Turquía, Serbia, Montenegro ou Macedonia pediron ingresar na UE.
A cidadanía europea ten como reflexo o acordo Schengen, que entrou en vigor en 1995 e permite a libre circulación de persoas por varios países da Unión.

Ledes "A Unión Europea", as dúas páxinas e facedes as actividades:1.2.3
Tamén facedes o "Traballa coa imaxe", pero tede en conta o BREXIT. Sabedes que é?
Se non o sabedes, pescudade en INTERNET.
Non sexades vaguiños e copiade os enunciados, que queda mellor nas cabezas para recordar.
Podedes buscar  información neste enlace, pero está en inglés. Hai algún xogo e así practicades o idioma ou traducides co google:




Por hoxe nada máis! Traballade moito!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Cómic

Cómic
Xian