martes, 9 de junio de 2020

BENVIDA AO INSTITUTO

Ola a todos e todas!

Supoño que andades xa un pouco nerviosos polo cambio de primaria a secundaria...
Como este curso non puidemos ir visitar o I.E.S de Lamas de Castelo, os profesores, que alí vos estarán agardando, fixeron unha presentación para explicarvos un pouco mellor como vai ser o tránsito do colexio ao instituto.
Agardamos que sexa moi ameno e instructivo. 
Tamén que perdades calquer clase de medo que teñades! 
Podedes velo todas as veces que queirades.
Sei que é difícil nesta situación que nos tocou vivir, pensar que xa en setembro ides marchar para o "insti"...pero, tranquilos! xa veredes que será fantástico. Ademáis a contorna na que está situado é fermosa 
(cóntovos un segredo? pois eu vivo alí preto desde o setembro pasado).
Seguro que teredes uns profesores/as marabillosos que vos axudarán en todo o que necesitedes; e ata hai unha cafetería!
Se tendes algunha dúbida, xa sabedes! Preguntádeme!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Cómic

Cómic
Xian